Fotografías de
José Alberto Fernández.
STOP ACCIDENTES recrama o cumplimento íntegro das penas por delitos de tráfego
O Pazo de Bendaña , situado na Praza do Toural de Santiago de Compostela, acolléu o Sábado 20, o Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria, no que se deron cita familias afectadas chegadas de toda Galicia, quen cos seus nenos e nenas participaron nas diferentes actividades.
O acto, organizado pola Asociación de Axuda e Orientación aos Accidentes de Tráfico Stop Accidentes e o Concello de Santiago, contou coa presenza da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e representantes dos servizos básicos de seguridade, como a Policía Local, o 061, Bombeiros, Protección Civil e Garda Civil.
A Presidenta de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard Mahaut, e Antonio Uris leeron o manifesto, recordando que cada ano máis de 1.300.000 persoas fallecen no mundo en Sinistros de Tráfico e máis de 50 millóns sofren traumatismos.
Jeanne Picard comentóu que en España se conseguiu reducir as cifras de Accidentabilidade con medidas como o permiso por puntos e o cambio do Código Penal. Pero engadiu que « falta educación e tamen concienciación a nivel da Sociedade»
Vista parcial dos asistentes o acto Organizado pola Asociación Stop Accidentes e o Concello de Santiago.
Intervención do Delegado Territorial da Coruña
Intervencción da Concellala de Educación,
Mercedes Rosón.
Jeanne Picard Mahaut no escomenzo da lectura do Manifesto.
Antonio José Uris Alonso continuaría á lectura do Manifesto en presenza de Jeanne Picard e das Autoridades presentes.
Representantes da Polícia Local , 061,
Bombeiros, Protección Civil , Guardia
Civil de Tráfico.
Monitoras e cativos no decurso das actividades que tiveron lugar no decurso da xornada en lembranza das vítimas da violencia viariaMonitoras e cativos no decurso das actividades que tiveron lugar no decurso da xornada en lembranza das Vítimas da Violencia Viaria.

Stop Accidentes non acepta que os sinistros de tráfico sigan sendo a primeira causa de morte da mocidade, nin que os atropelos estean aumentando, polo que esixe «acougar o tráfico na cidade».
Tamén pide que se cumpran íntegramente todas as penas que se impoñan», así como que se modifiquen urxentemente os baremos» de indemnización e que se cren «oficinas de atención para a información ás vítimas de accidentes de tráfico».
«Non queremos que a xente vaia ao cárcere, pero si que se reeduque», matizou Jeanne Picard, quen está visitando os cárceres para dar cursos de reinserción a quen cumpren condenas por delitos de tráfico.
Jeanne Picard referiuse a cuestións como o Noitebús que, dixo, «non o podemos suprimir». Considera que «hai que buscar unha solución entre todos, en que todo o mundo involúcrese e de xeito especial o sector do lecer, que está gañando moito diñeiro vendendo alcol».
Panel do Recordo
Familiares, Socios e Amigos no Minuto
de Silencio escoitando a peza musicai interperpretada por Mario Otero Diz.