jueves, 25 de noviembre de 2010

25 DE NOVEMBRO : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 17 de decembro do ano 1999, a través da resolución 54/134,   a Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro o       " Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ".  A data elixida como, conmemoración do brutal Asasinato en 1960 das tres Irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orden do seu gobernante Rafael Trujillo (1930-1961).
Este día converteuse pouco apouco nunca data emblemática na que a cidadanía se manifesta contra todo tipo de violencia contra as mulleres, polo feito de ser o que son, mulleres.


Caminhando paso a paso a sociedade toma conciencia social e repudia, rexeita este tipo de violencia sexista, en tódolos lugares do mundo; a violencia de xénero sigue sendo unha das senhas de identidade patriarcal que invade toda a cidadanía e que todos xuntos temos que seguir ca luta, ea sociedade, non pode xustificar, manter, tolerar e perpetuar estes feitos.
A violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, na cidadanía esta presentase de moitas maneiras: violacións, acosos sexuais e laborais, sexismo publicitario, trata de mulleres e mininhas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na eliminación da nosa Historia, nos matrimonios concertados, nos asasinatos por honor, na desigualdade salarial, na imposición do burka, e nas formas simbólicas a través de pautas culturais que transmiten e reproducen comportamentos discriminatorios e sexistas,  como os comentarios do Alcalde de Valladolid etc.


Os CONCELLOS é as ADMINISTRACIÓNS  que están  más cercana a ciudadanía,  TEÑEN  que dar unha resposta más rápida e eficaz a ésta Lacra Social.





No hay comentarios: