jueves, 24 de marzo de 2011

CONFERENCIA PARA FAMILIA E EDUCADORES NO IES A SANGRIÑA.

CONFERENCIA PARA FAMILIA E EDUCADORES NO IES A SANGRIÑA.

DÍA 28 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO IES A SANGRIÑA.
Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar.
Conferencia para familias e educadores.
ACOSO ESCOLAR.
VIOLENCIA DE XÉNERO.
A cargo de PILAR LAGOS ALONSO, responsable do Equipo de atención á Muller e Menores da Garda Civil de Pontevedra.
Pilar Carro / Directora do IES A Sangriña
O luns día 28 de marzo no IES A Sangriña ofrecemos unha conferencia dirixida a pais nais, e todas as persoas interesadas en ofrecer unha educación a nenos e nenas e adolescentes que teña como obxectivo principal establecer entre as persoas relacións de respecto. A charla estará a cargo de Pilar Lagos, especialista da Garda Civil na loita contra a violencia de xénero e as agresións a menores, que dirixe o EMUME da provincia de Pontevedra.
Desde a Dirección do instituto convidamos e animamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta charla de enorme interese.
Ademais, na xornada escolar tamén se ofrecerán charlas dirixidas ao alumnado de diferentes niveis:
09:00 A 11:00
3º E 4º DE ESO
DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO.
11:00 A 11:55
1º E 2º DE ESO

ACOSO ESCOLAR.
16:00 A 17:35
1º DE BACHARELATO
DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO.
18:00-19:45
PCPI
DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO.












No hay comentarios: