De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
CAMBIOS NA SEGURIDADE VIAL NA RÚA JULIA VAQUERO
Vostedes que fan para arranxar os continuos atascos que se producen na rúa Julia Vaquero.
Como saben Vostedes pintaron de cor amarelo o lado esquerdo (Casa Sousa) e sen pintar esta o lado dereito.
Tamén saberán que a raia que divide imaxinariamente a rúa non está pintada.
Que no lado dereito aparcan turismos e moitos deles están todo o día estacionados.
En horas punta a rúa se atasca porque moitos poden coller tres direccións, saír de fronte, lado esquerdo e lado dereito. Isto agravase cando un autobús quere coller dirección Tui.
Dende Esquerda Unida SOLICITAMOS:
Que o Presidente e responsable de tráfico, xunto cos especialistas fagan os cambios que estimen axeitados para solucionar este caos, estamos moi preto da semana santa, verán e o cristo esta montado.
Dende Esquerda Unida propomos que se pinte a raia central e carril para saída hacia a esquerda, saía de fronte, e para o lado dereito dirección Tui. Que non se poida estacionar en ambos sentidos.
A Guarda a 23 de marzo do ano 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario