Dentro de este proxecto se enmarca a visita o Parlamento de Galicia e o encontro na dirección xeral da dependencia do pasado venres 18 de marzo.
Na dirección xeral tivemos unha reunión con a directora xeral de dependencia Dna. Coro Piñeiro Vázquez, o secretario Xeral de discapacidade Modesto Rouco Vilar e coa traballadora da secretaría Dna. Concha Freire Castro.
Na xuntanza o grupo realizóu unhas preguntas destinadas a coñecer o funcionamento do departamento que atende mais directamente as súas necesidades. (adxuntamos cuestionario).
Pola tarde nos desplazamos ás instalacións do parlamento galego para coñecer mais de cerca como é a organización e o traballo que os representantes políticos fan na nosa autonomía. Alí fomos guiados por Hixinio, que nos amosou non solo as instalacións senón que de forma moi didáctica, amena e divertida nos enseñou como é o día a día do traballo no Parlamento Galego.
O proxecto busca coñecer as institucións que nos gobernan e máis en profundidade os departamentos que dentro de cada institución atenden ás necesidades das persoas con discapacidade.
En esta liña tivemos o primeiro encontro institucional o pasado venres 25 de febreiro co Alcalde da Guarda D. Jose Manuel Domínguez Freitas e con dúas concelleiras. A eles se lles fixeron as mesmas preguntas que na dirección Xeral de Dependencia.
A vindeira visita será o 28 de abril onde estamos citados no Ministerio de Servicios Sociais en concreto na Dirección Xeral de Discapacidade.
Seguindo cos nosos encontros coas institucións democráticas o 6 de xuño estaremos en Bruselas coñecendo máis de cerca o Parlamento Europeo e os seus departamentos.
Nunha segunda fase do proxecto voltaremos a reunirnos coas mesmas persoas pero esta vez levaremos as nosas propias propostas que consideramos necesarias para mellorar as relacións entre os cidadanos e cidadanas con discapacidade e as
institucións que nos gobernan.
Para mais información consultar o blog http://www.democracia.sanxerome.com/
Asd. José Carlos
No hay comentarios:
Publicar un comentario