viernes, 7 de mayo de 2010

MARÍA JOSÉ PRESENTA O SEU DISCO " CREPÚSCULO MENTAL " NO AUDITORIO DO ROSAL MAÑÁN SÁBADO 8 DE MAIO




- O concerto escomenzará ás 21.00 h.

O vindeiro sábado día 8 de maio, ás 21.00 h., no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar o acto de presentación do disco “CREPÚSCULO MENTAL” de María José Baz, de A Guarda.
A presentación correrá a carrego de Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente, do Concello do Rosal.
“Crepúsculo Mental” consta de 10 cancions compostas por Mª José Baz, e baseadas en poemas de Estrella Velasco, nos que Mª José Baz pón voz e guitarra.

Nese traballo discográfico, a cantautora guardesa tamén conta coa compaña de Nieves Álvarez (frauta traveseira), Lucía Alonso (piano e teclados) e Alba Rodríguez (violonchelo).

Nese concerto de presentación do primeiro traballo discográfico e Mª José Baz tamén participarán o Grupo Antorcha e o Coro Cantábile.

Abrirá o acto o Grupo Antorcha, para interpretar os seguintes temas:
- “¿Quien te cantará?”, de El Consorcio.
- “Ciudadanos del mundo”, de Juan Pardo.
- “Que canten los niños”, de José Luis Perales.

A continuación, o Coro Cantábile, interpretará:
- “Alma, corazón y vida”, letra e música de J. Ezkuwa Flores.
- “O paxaro cando chove”, e “Lévame lévame”. (Arranxos: Barbosa).
- “Alma llanera” (Letra: Raphael; Música: Vedro Gutiérrez).

Rematada á actuación do Coro Cantábile, María José Baz interpretará:
- “Si supieras”.
- “Padre Nuestro de las alas rotas”.
- “Olvidó”
- “Crepúsculo Mental”
- “Hasta el cielo”.

O concerto terá como broche de ouro, a interpretación en conxunto, da canción “Toca la gaita”, incruída tamén no CD “Crepúsculo Mental”.

Información facilitada por INFOGAUDA.

No hay comentarios: