lunes, 20 de julio de 2015

..... OSCAR VICENTE RODRÍGUEZ Y ARIANA GONZÁLEZ VERDE , GANADORES DA II EDICIÓN 10K DE O ROSAL - FEIRA DO VIÑO 2015 - ....

O TRIATLETA ROSALEIRO, ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, VENCEDOR ABSOLUTO DA II EDICIÓN 10K O ROSAL “FEIRA DO VIÑO"

ARIANA GONZÁLEZ VERDE, , da Sociedade Atlética do Trega, foi a primeira fémina clasificada.

ARIANA  GONZÁLEZ  VERDE

                    OSCAR  VICENTE  RODRÍGUEZ          

RICARDO RODRÍGUEZ - INFOGAUDA


Con unha climatoloxía idónea para á práctica deportiva, e unha participación de 74 persoas, ás 10:30 h. do domingo 19 de xullo, deuse á saída á Andaina da II Edición 10k O Rosal "Feira do Viño", que coordinou Juan Ramón Martínez Barbosa, e que tivo un percorrido de 10.000 metros.

 Media hora despois, no punto quilométrico 55, da estrada PO - 552, Tui-A Guarda, fronte ás instalacions de Adegas Terras Gauda, daríase á saída os 291 atletas inscritos que participaron na II Edición da 10k O Rosal "Feira do Viño", que nesta ocasión tivo un percorrido diferente á edición de 2014. Comezaría con un tramo pola referida estrada pasando a continuación por Adegas Val Miñor, preto da Portela (San Xoán de Tabagón), continuando en dirección o Cruceiro (San Miguel de Tabagón), para posteriormente dirixirse á Rúa Santiago Ruiz, pasar polo Barrio Cumieira, da mesma parroquia, e posteriormente cruzar á vella Ponte do Tamuxe. A carreira continuou por unha pista da parcelaria de Cumieira de Abaixo en dirección o Urgal. A continuación, os atletas tiveron que pasar polas Adegas Quinta Couselo, e logo de cruzar o Río Carballas, dirixirse cara o barrio de Cruces, en Fornelos, a carón da Adega Lagar de Cervera, para enfiar deseguido deica á Praza de Fornelos, pasando previamente pola Adega Xesteiro, en dirección á meta sita fronte o Monumento o Cabaqueiro, na Praza do Calvario. 

 Ademais de numeroso público, xunto á liña de meta agardaba Jesús María Fernández Portela, alcalde do Rosal, así como o xornalista deportivo Terio Carrera, que exerceu de comentarista da carreira, saudando á chegada a numerosos atletas, e mesmo facéndolle unhas breves entrevistas, nas que puxeron de manifesto que o percorrido tiña á súa dureza.


 O primeiro corredor que cruzou á meta, e polo tanto vencedor absoluto da II Edición 10k O Rosal "Feira do Viño", foi o triatleta Óscar Vicente Rodríguez, natural do Rosal, que logrou un crono de 00:34:54, e que segundos despois sería felicitado polo alcalde do concello rosaleiro.


 En segunda posición, con un tempo de 00:36:11, entrou José Antonio Álvarez Otero.


 En terceiro lugar entrou Cristóbal Galera López, con un tempo de 00:37:06.

Noticia publicada y facilitada por Ricardo Rodríguez  de INFOGAUDA
http://infogauda.blogspot.com.es/2015/07/o-rosal_19.html

No hay comentarios: