lunes, 11 de junio de 2012

.... Iº CONCURSO DE INICIATIVAS POR UNHA MOBILIDADE SEGURA-2012 ....


Stop Accidentes Galicia coa Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico, 
invítache a participar no seu 
Iº Concurso de iniciativas por unha mobilidade segura. 
Dirixida aos alumnos de formación profesional dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

OBXECTIVOS
Sensibilizar e previr ao colectivo de estudantes dos ciclos formativos de Formación Profesional sobre a problemática que supón a mobilidade.
Realizar proxectos que, partindo do seu coñecemento e análise, poidan achegar posibles solucións que sirvan e axuden a diminuír os accidentes de circulación.
Deseñar e elaborar actividades ou recursos para implementar a Educación Viaria e mellorar os comportamentos cívico-viais.
ÁMBITO DO CONCURSO
Poderán participar todos os estudantes residentes en Galicia que cursen estudos  de formación profesional en grao medio ou superior nalgun centro educativo da Comunidade Autonoma de Galicia.
                                                                                                                                              
TRABALLOS
O proxecto pode presentarse  en calquera dos idiomas oficiais da nosa comunidade autónoma, por escrito ou en formato audiovisual, e en ambos os dous casos cunha copia en formato pdf. Deberá ser orixinal e inédito, sen que fora premiado noutros certames.
A publicación escrita terá unha extensión de 4 páxinas como mínimo, e de 40 como máximo. Se se trata dun traballo audiovisual, a súa duración non poderá superar os 15 minutos.
Cada concursante poderá presentarse a título individual ou formando equipo. Neste caso terá que designar un representante.
 CONTIDOS
O traballo debe achegar propostas novidosas e realizables, proxectos de investigación, etc. que axuden a sensibilizar e actúen sobre a prevención dos accidentes de tráfico en temas relacionados co comportamento dos cidadáns, coa súa mobilidade e seguridade (vehículos, infraestruturas, ...).
Terase en conta a orixinalidade e a creatividade das propostas así como que fomenten uns comportamentos máis seguros e responsables no relativo á mobilidade no tráfico.
LUGAR DE PRESENTACIÓN E PRAZOS
Os traballos remitiranse á Xefatura Provincial de Tráfico da súa provincia antes do día 23 de novembro de 2012 ás 14h.
Os traballos irán acompañados dunha copia, e non constará identidade ningunha do autor nin sinatura que poida identificalo. Nun sobre á parte figurará o lema relacionado co traballo, e no seu interior, os seguintes documentos:
• fotocopia do DNI, polo anverso e reverso
• copia da admisión da matrícula no ciclo formativo
• datos persoais (enderezo, número de teléfono, correo electrónico…)
XURADO
O xurado calificador estará constituído por:     
• un representante da Consellería de Educación da Xunta de Galicia
• un representante da asociación Stop Accidentes
• un representante da Dirección Xeral de Tráfico
• un xornalista da prensa galega
E presidido por un representante dunha das Universidades da nosa Comunidade.
PREMIOS
UN PREMIO: 500 € e un iPAD
Os premios non serán acumulativos nin divisibles e poderán ser declarados desertos polo xurado.
DITAME
O ditame do xurado será inapelable e darase a coñecer a primeira quincena de decembro de 2012.
A relación dos premiados publicarase nas páxinas web: www.stopaccidentes.org e www.dgt.es
ACEPTACIÓN
A presentación dos traballos supón a total aceptación das bases.
Os traballos pasarán a ser propiedade da organización, que poderá facer o uso que considere conveniente, sen pagar dereitos de autor.

Máis información en:

No hay comentarios: