A fotografía corresponde a Asamblea do ano 1991 (Décimo aniversario do Centro).
ASAMBLEA ANUAL DE SOCIOS DA ASOCIACIÓN SAN XEROME
Bernardino Estévez
Martínez, deixa a Xunta Directiva
despois de 30 anos de colaboración solidaria
Entrou
a formar parte da Xunta Directiva,
presidida por Raúl González Puebla o 18
decembro 1982 , ainda existía o Banco de Bilbao . Daquela as solicitudes e os
balances pasábanse coa máquina de escribir, e os asentos bancarios na libreta
de aforros facianse a mán.
Cantidade
de reunións! Nos primeiros anos a Xunta Directiva reuníase semanalmente coa
Dirección; facendo un cálculo aproximado
estamos a falar de máis de 1500 horas adicadas ó Cole nestes 30 anos. Si isto o traducimos ó horario laboral: sería case un ano de traballo extra sen contrato nin sueldo!
Nesta
cantidade de horas temos mirado o Bernardino,
calado e serio, tamén
disgustado e cabreado coas
inxustizas, o Bernardino de
broma coa sua retranca característica … pero sobre todo quedamonos co Bernardino solidario e currante, co Bernardino nun
segundo plano, que nunca quixo ser Presidente, nin Director, nin Alcalde …
Quizás
a única crítica que lle podíamos facer o
seu intachable traballo, foi o de que non conseguira facer milagres coas contas
da Asociación ou do Club deportivo.
Temos moito que agradecerlle polo seu traballo, e o facemos
con moito cariño de toda a “familia Xerome”
e cun agasallo simbólico pero de
gran valor : no Libro de Actas o seu
nome é o nome que aparece máis veces, o nome que máis se repite ó longo da historia da nosa Asociación, traducida en máis de 30 Actas.
O
mellor de todo, é que este tipo de agradecemento soe facerse a título póstumo
cando o homenaxeado xa non está entre nos, e neste caso Bernardino está vivo, moi vivo,
e con moita enerxía; polo que temos a
sorte de poder desexarlle moita saúde para
disfrutar do seu tempo libre.
Graciñas!
A
Guarda, 24 de marzo de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario