viernes, 2 de diciembre de 2011

EXPOSICIÓN DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO COMENIUS REGIO

EXPOSICIÓN DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO COMENIUS REGIO.

O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel participan un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio
1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)
2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)
3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de primaria)
4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)
O longo das 12 sesións que durou o Obradoiro, a especialista Inés Montenegro traballou aspectos como: explicacións teróricas, visionado de imaxes, técnicas fotográficas , de cara a sacar o maior proveito posible a cámara, ter en conta a luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes de premer o disparador …
A exposición “Capacidade/Discapacidade” , resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso (Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado dia 3, ata o 10 de decembro, no seguinte horario: mañás de 11,30 a 13 h. Tardes de 17,30 a 20 h. O sábado e os dias 6 e 8 de decembro (festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.
Colabora o Concello de A Guarda.
Inés Montenegro é fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As suas fotografías poden verse na sua web: www.inesmontenegro.com

No hay comentarios: