jueves, 3 de noviembre de 2011

O CENTRO SAN XEROME EMILIANI en GRAVES PROBLEMAS ECONÓMICOS por non recibir as Axudas Económicas da XUNTA DE GALICIA.

A XUNTA DE GALICIA DEBE MAIS DE 250 MIL EUROS A O COLEXIO  SAN XEROME EMILIANI
(Asociación que atende a persoas con Discapacidade intelectual do Baixo Miño).

 Desta cantidade, a partida máis cuantiosa 130 mil euros corresponde á Consellería de Traballo relativos a axudas ó Centro Especial de Emprego que conta cunha plantilla de 22 traballadores dos que máis do 80% son persoas con discapacidade. Os outros 120 mil euros corresponden o contrato de servizos de Centro Ocupacional e Centro de Día coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
 A Xunta Directiva vese na obriga , despois de agotar todos os recursos de que dispón, a non pagar as nóminas dos traballadores así como os proveedores polo que esta situación pon en perigo a continuidade dos servizos que presta esta Asociación as persoas con discapacidade intelectual do Baixo Miño e súas familias.
 A Xunta Directiva esixe os responsables políticos unha actuación inmediata que leve o abono das cantidades acumuladas e un compromiso firme para que no futuro se regularicen os pagos e non se xeneren estas bolsas de débeda.
A Guarda, 2 de Novembro de 2011
Xunta Directiva.

No hay comentarios: