Na mañá deste martes, día 26 de xullo de 2011, un veciño de A Guarda, exercendo con educación e respecto, seu dereito democrático, presentou no Rexistro de Entradas do Concello de A Guarda, un escrito que deseguido imos reproducir. En todo caso, queremos salientar que logo de catro anos de inmerecida maioría absoluta, algúns continúan actuando do mesmo xeito que na pasada lexislatura, cecais porque aínda non adeprenderon o contido da mensaxe que o pasado día 22 de Maio lles remesaron a traverso das urnas, 317 electores que desta volta non lles deron súa confianza. Non foron "un puñado de votos" como algún persoeiro dixo, tentando minimizar á perda de sufraxios. Foron máis de 300 electores que habéndolles votado fai catro anos, agora dixéronlles: Que lles den!
E pensar que a mensaxe que algúns espallaron foi: Para que A Guarda gane!
Para que gañe quen? Para que gañen os mesmos. Os que aínda sen merece-lo tentan poñerse unhas retribucions que si foran coherentes - que a vista está que non o son - reducirían ás compensacións económicas pola súa labor municipal á mínima expresión. Pero para iso hai que pensar menos no interese persoal - no que lle convén a cada ún dos agraciados polas adicacións totais e os non menos agraciados das chamadas adicacións parciais - e máis no interese común. É decir, no pobo que o fín de contas é quen os atura e de cuios petos sai todo.
Desde Infogauda amosámoslle nosa total solidariedade e apoio a Anselmo Martínez Pena, porque consideramos que acceder á súa vivenda, mesmo co seu vehículo, ou sair á rúa cando o desexe, non somentes é un dereito irrenunciable que ten como cidadán, senón que ese mesmo dereito debe ser salvaguardado pola autoridade competente. Craro está que á autoridade non é - que o saiban! - somentes para figurar, senón para cumplir e facer cumpli-la Lei.
Ou é que algúns xa non se lembran do que prometeron públicamente o pasado 11 de Xuño cando tomaron posesión dos seus cárregos como munícipes?
Infogauda
O que suscribe ANSELMO MARTINEZ PENA, veciño de A Guarda con domicilio na Rúa Coruña núm 3
E X P O N :
Que na data 23 de xullo do presente ano cando son as 13 horas e 40 minutos fago unha chamada telefónica a Policía Local solicitando a presenza dun axente para que axude a miña filla a entrar no meu domicilio xa que hai dous coches pertencentes aos vendedores ambulantes do mercadillo que me impiden a entrada por estar situados no medio da rúa. (Aclaro que movendo eses coches soamente catro metros pa diante ou para atrás solucionase perfectamente a entrada a miña casa)
Ás 13:45 hs. chega un Axente Auxiliar, preséntase a min, que o estou esperando na rúa, e logo de explicarlle o problema dime que o sinte moito, pero que ten orde de non molestar a ningún vehículo do mercadillo ata que sexan as duas da tarde (14:00) hora en que lle remata a licenza de ocupación da rúa. Esa resposta deixoume perplexo e tratei de explicarlle que o que a miña filla quería e necesitaba era entrar na casa e non estar alí no medio da rúa baixo un sol que quentaba de abondo, e que tiña no coche a comida para toda familia e que queríamos empezar a comer. Moi educadamente o señor Axente dime que non hai problema, que carrexe a comida a pe, pero que el ata as dúas da tarde non fai nada.
Por certo que entre tira e afloxa, comigo, coa miña filla, co meu fillo o reloxo marca as dúas e seis minutos e todo sigue igual. Dicímoslle que xa pasan das dúas, e a contestación do Axente non é outra que: ¡Teñan calma, hai que ser flexibles!.
¡Alucinante! ¡Surrealista! Argumentámoslle que non fai moitos días habíamos tido unha conversa no Concello co Xefe da Policía Local e co Conselleiro de Tráfico é que nos habán dito que SEMPRE QUE TIVÉRAMOS QUE ENTRAR OU SAIR DA CASA, se aparecía algún atranco, que chamaramos a Policía, que en canto lles fora posible acudirían a chamada para axudarnos.
O axente en cuestión non nos creu o noso argumento, xa que a súa resposta foi: ¿Teñen iso que me din por escrito? !Se non o teñen xa saben que facer!
O meu fillo fíxolle a pregunta a el: ¿Ten vostede a orde por escrito na que diga que non pode facer nada ata que sexan as dúas da tarde, e aínda ser flexibles?
Como o que queríamos, os da casa, era comer e xa eran as dúas e dez, deixámolo por imposible, os do mercadillo moveron os coches porque xa remataran de cargar, e ata lle demos as gracias ao “Axente auxiliar” para que se fora.
Quixeramos pensar que o Sr. Axente está errado, e non existe esa orde de bloqueo ata as dúas da tarde, o que nos rebaixaría, aínda mais, o noso dereito a poder sair e entrar na casa cando nos pete.
Ante o exposto S O L I C I TO:
a) Contestación a este escrito no que se me indique o horario no que, eu e a miña familia, poidamos entrar ou sair da casa, se vostedes consideran que temos dereito, claro.
b) Pedirlles, que teñan a ben pararse un pouco a pensar e consideren que queremos a misma liberdade que teñen vostedes. Non estou facendo esta petición por capricho inxustificado. Un día calquera, pode calquera, necesitar que chege coa maior rapidez a súa casa unha ambulancia ou os bombeiros. Se vostedes atrancan as vías de comunicación por capricho ou chulería están facendo moi pouco polos veciños que pagamos máis relixiosamente os impostos que moitos dos vendedores ambulantes. (Xa vai sendo hora de que saibamos o que paga esa xente e cantos pagan. Quizais eliminando os que non pagan, se os ai. poderíamos ter moita rúa libre)
A Guarda, 26 /07/2011
Asinado: Anselmo Martínez Pena
Información facilitada y publicada en INFOGAUDA.
Comentario Persoal a ésta noticia:
Anselmo, estoú contigo en todo o que expoñes.Por experiencia creo que non ten contestarán xa que non teñen fundamentos pra demostrar que non tes razón e por iso co seu silencio e unha estratexia pra que os veciños desistamos o nos olvidemos de pedir os nosos dereitos.Ánimo que sei quen non vas a desistir e tes o noso total apoio.
Teu primo Toñito Uris.
No hay comentarios:
Publicar un comentario