lunes, 13 de junio de 2011

UN PERCORRIDO POLAS INSTITUCIÓNS DEMOCRATICAS. PRÓXIMA ESTACIÓN: BRUXELAS.

A fotografía corresponde a recente viaxe feita polo noso grupo o Congreso dos deputados.


UN PERCORRIDO POLAS INSTITUCIÓNS DEMOCRATICAS. PRÓXIMA ESTACIÓN: BRUXELAS.



Un grupo de dezaseis xóvenes (8 deles do Centro San Xerome), de Galicia e Portugal iniciaron no mes de xaneiro un percorrido polas distintas institucións democráticas que os levaron dende o seu municipio, pasando polas institucións autonómica, nacionais e cun destino final: Bruxelas. O vindeiro luns dia 20 de xuño o grupo ten unha reunión ó mais alto nivel con representantes da Comisión Europea que atenden os asuntos específicos da discapacidade. A saída será o domingo 19, e o regreso o martes 21 de xuño.
Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea dentro do programa Juventud en Acción. Gracias a este financiamento o grupo de xóvenes pode coñecer persoalmente as institucións que nos representan e que se encargan das cuestións directamente relacionadas coas súas necesidades.
Estes encontros teñen a forma de reunión de traballo cos representantes das entidades. No concello da Guarda tiveron unha reunión co Alcalde, a Concelleira de Benestar Social, os compañeiros de Portugal tiveron a mesma reunión na súa cámara municipal. En Santiago de Compostela tivemos un encontro de traballo na dirección Xeral de Discapacidade. En Madrid a nosa derradeira visita ata o de agora continuou coa tónica de atoparnos persoalmente cos representantes da institución neste caso con D. Jacobo Martín Fernández Subdirector General de Coordinación y Ordenación da Dirección General de Coordinacion de Políticas sectoriales sobre la discapacidad. De forma paralela os compañeiros de Portugal establecen os mesmos encontros cos representantes das entidades do seu país.
A próxima reunión en Bruxelas é moi importante para o grupo porque é a primeira e única na que estaremos todos xuntos xa que a Unión Europea é o órgano de goberno que nos unifica a todos. Esta reunión na Comisión Europea ten un programa moi completo, por un lado seremos informados do funcionamento da Comisión Europea e nunha segunda parte recibiranos Dna. Inma PLACENCIA da Unidad "Derechos de las personas con discapacidad" Direccion General de Justicia de la Comisión Europea.
Nesta actividade consideramos que estamos recibindo unha aprendizaxe sobre as nosas institucións pero tamén que as institucións se quedan con algo noso, xa que non é habitual ter esta interlocución directa dos funcionarios ou representantes políticos coas persoas para as que traballan. Esto non o decimos nós senon que nolo transmiten as persoas coas que nos reunimos unha vez rematado o encontro. Para os participantes no proxecto estas viaxes e estas reunións lle permite ter un encontro sin intermediarios nin representantes, son eles mesmos os que fan as preguntas e a eles a quen se lle responde. O crecemento persoal neste sentido está a ser moi valorado por todos e todas.
O percorrido continúa cunha segunda rolda de encontros nos mesmos estamentos onde despois de coñecer o seu funcionamento pasaremos a plantexar as nosas propias propostas.
Para mais información poden consultar o blog do grupo http://democracia.sanxerome.com

No hay comentarios: