lunes, 13 de junio de 2011

MURCIA 2011. Destacada actuación da Selección galega.Ouro en Atletismo e Prata en Baloncesto, con presencia de deportistas do San Xerome.

MURCIA 2011.  Destacada actuación da Selección galega.


Ouro en Atletismo e Prata en Baloncesto, con presencia de deportistas do San Xerome.


Este fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas , a expedición galega estivo composta por 40 deportistas e 15 técnicos da Federación, nas especialidades de: atletismo masculino e feminino, fútbol sala masculino, baloncesto masculino e feminino, e natación masculina e feminina. O San Xerome estivo representado por 1 técnico e 10 deportistas (fútbol sala, atletismo masculino e baloncesto feminino).
A competición estivo organizada pola FEDDI (Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual)
O equipo masculino de atletismo onde a destacada actuación de Borja Cadilla nas probas de fondo, e as puntuación obtidas polo resto de compañeiros (3 do Club San Rafael, 1 do R. Chapela, 1 de Juan XXIII, e 1 de Aspanaex) fixeron posible acadar o primeiro posto.
O equipo de baloncesto feminino, formado por 1 técnico (David Parada), e 5 deportistas do noso Club (Amparo, Rosalía, Vanesa, Maite Barros e Maite Santos), Ana Belén de Aspanaex e Begoña do R. de Chapela, fixeron unha espectacular competición, acadando o segundo posto. Perderon tan so a final contra a Selección de Castela a Mancha.
Remata así con este boa noticia a tempada deportiva, que se reiniciará no mes de setembro. Noraboa a deportistas e adestradores VOLUNTARIOS pola excelente campaña.

No hay comentarios: