GRADIANT VISITARÁ O XOVES O CENTRO SAN XEROME EMILIANI (A GUARDA).
A actividade está enmarcada no proxecto “Tecnologías Especiales para Personas Especiales”, que cofinancia a FECYT (Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía).
Con estas visitas, GRADIANT trata de acerca-las novas tecnoloxías AAL a un dos colectivos que máis partido pode sacarlles e que ó mesmo tempo estivo tradicionalmente alexado das innovaciones técnicas. Neste caso, as tecnoloxías presentanse ós alumnos e ós docentes a través de sencillos e divertidos xogos (mover unha pelota coa mente, xogar co ordenador manexando o rato cos ollos ou a nariz…).
A visita terá lugar o próximo xoves día 2 de xuño a partir das 10.00 h da mañá e ata as 13.00 h.
Se están interesados en acompañarnos á visita ou quere máis información, por favor, póñase en contacto con nós a través do correo electrónico lparcero@gradiant.org ou do Tfno. 618 649 289 (Leonor Parcero).
Para máis información e imáxenes de outras visitas, consulte http://divulgacion.gradiant.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario