miércoles, 25 de mayo de 2011

Excursión a PEÑA TREVINCA de vari@s alumn@s do Colexio San Xerome Emiliani.

 CRÓNICA DA ASCENSIÓN A PEÑA TREVINCA ó 21 MARZO 2011.

O San Xerome, representado por 17 persoas (usuarios, voluntarios, familias …) acada a cima de Galicia o 21 de marzo de 2011, coa colaboración do Concello de Tomiño.
Eran sobre ás 12:30h da mañá cando o grupo chegou ó punto mais alto de Galicia (…e de Zamora) logo de camiñar 4 horas e media.

Todo empezaba o día anterior, venres, cando as 15:00h saimos en dirección a Vilanova (A Veiga) a onde chegamos pouco antes das 19:00h. Alí instalámonos e aínda tivemos tempo de facer unha pequena visita a esta aldea de montaña situada a 1.230m antes da cea, que sería ás 21:00h.
Despois de cear a conversa distendida levounos a facer pronósticos sobre cantos de nós seríamos quen de chegar o cume, mentres Cholo, o dono do Trisquel, nos recordaba “se chegades, ben, e se non chegades, ben tamén, disfrutade do camiño”. Pouco despois da medianoite xa estabamos todos no refuxio metidos no saco de dormir.

Ás 06:30h do día 21 comeza o movemento no refuxio, levantámonos, preparamos a mochila e dispómonos a desaiunar. Comezamos a andar, son as 08:00h.
A primeira parte da ruta consta da subida ata o Maluro (1.934m) a onde chegamos sobre as 10:00h e facemos a primeira parada, bebemos e comemos algo mentras contemplamos, dende este punto, practicamente todo o recorrido que nos queda, con Pena Trevinca ó fondo. Parece perto pero aínda queda que camiñar…
Despois ben o Crestón de Lombo Rencín onde tamén nos detemos para admirar a beleza do Foxo Castaño e a imponente parece NW de Pena Negra. Levamos 4 horas camiñando, o noso obxectivo case se toca coa man..

As gañas de chegar e a proximidade do cume fixo que o grupo se estirase, os primeiros chegan rápido o e ás 12:30h xa estábamos todos disfrutando da panorámica que ofrece esta cima sobre as bisbarras Cabrera, Sanabria e Valdeorras, dispostos a xantar no teito da nación de Breogán, alí onde Galicia está mais perto do ceo. O descenso foi máis rápido, pero en total nada máis nin nada menos que 8 horiñas de andaina!
O desexo e a ilusión por conseguir este reto e o traballo en equipo foron as claves para conseguir o noso propósito. Disfrutamos dunha xornada de deporte e natureza nun marco incomparable.
Roberto Miranda Verísimo (Responsable técnico da actividade)

 

No hay comentarios: