lunes, 11 de abril de 2011

O SAN XEROME EMILIANI INFORMA...

 HUMOR, DEPORTE … E ROCK AND ROLL

O estímulo engadido que aporta o “30 aniversario”, está a facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas, ademáis das correpondentes a programación diaria dos 3 sectores de atención: unidades educativas, Centro de dia e Sector prelaboral.
 Neste fin de semana por exemplo, o grupo Xerock, fixo a sua reaparición con novo repertorio, na 1ª xornada Altas aptitudes no Café Cultural Auriense de Ourense.
O grupo puxo a venda unhas orixinais camisetas, que se comercializarán nos concertos e na Tenda Atalaia a 8 €.
O grupo de teatro Xeratrium, tamén está de estrea. Na Asociación Cultural e Social de Herville (Mos) puxo en escea a obra “Vias paralelas” coa colaboración de Xerpo Cultural e a dirección de Irene Moreira e Alex Sobrino. Inaugurase así unha xira que levará o grupo a diferentes localidades, grazas a participación no circuito cultural da Deputación de Pontevedra.
Tamén estes dias (do 9 ó 16 de abril), 2 usuarios do Centro, participan nunha actividade incluida no Programa de integración IES A Sangriña – San Xerome. Nesta ocasión permanecerán unha semana xunto con alumnos do IES nunha estación invernal de Andorra practicando o esquí.
O Club deportivo estará presente no Campionato galego de natación, que terá lugar o mércores 13 na Piscina municipal de A Cañiza. Amparo , Maite, Puri, Carmelo, Carlos e Rosa María intentarán mellorar os resultados do pasado ano.
Mentres, os deportistas do Club intensifican a sua preparación para os próximos compromisos, entre os que destaca a participación no Campionato de España de atletismo que terá lugar en Cádiz, o próximo mes de maio.
Relacionado con 30 aniversario, un grupo de personas relacionadas co Centro (familias, usuarios, profes…), coordinados polo especialista Roberto Miranda, estan a preparar o “asalto” ó teito de Galicia: o ascenso a Pena Trevinca, actividade que terá lugar o sábado 21 de maio.
A ANPA, tamén ten programadas actividades mensuais para conmemorar o 30 aniversario. A correspondente a este mes de abril, terá lugar no Auditorio de Goián o domingo 17 de abril a partir das 6 da tarde. Actuarán os coñecidos humoristas Os Campelos e o grupo musical Orballo de O Rosal. Ese mesmo dia realizarase o sorteo dunha TV . As rifas estan a venda no Centro ó prezo de 1 €.
Por último, e de momento, informar que estaremos presentes na carpa do Mercado Solidario en Tui, os dias 26 de abril a 2 de maio (San Telmo), e do 13 ó 15 de maio (Feira de artesanía)




No hay comentarios: