miércoles, 2 de junio de 2010

V CONCURSO INICIATIVAS UNIVERSITARIAS





V CONCURSO INICIATIVAS UNIVERSITARIAS. Por una movilidad segura Galicia 2010

"POR UNHA MOBILIDADE SEGURA"

Organizan y convocan: Xefaturas Provinciais de Tráfico de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. ONG Stop Accidentes, Dirección Xeral do Sistema Universitario de Galicia, Dirección Xeral de xuventude

Colaboran: las Universidades de Galicia, Colexio Oficial de Xestores Administrativos, Audasa

1. Obxectivos: Sensibilizar e previr o colectivo universitario sobre a problemática que supón a mobilidade. Realizar proxectos, que partindo do seu coñecemento e análise , poidan achegar posibles solucións que servan e axuden a diminuir os accidentes de circulación. Diseñar e elaborar actividades ou recursos para implementar a Educación Vial e mellorar os comportamentos cívico-viais.

2. Ámbito do concurso: Poderán participar todos os estudantes residentes en Galicia, que cursen estudos en calquera das tres universidades galegas, ou na UNED.

3. Traballos: O proxecto pode presentarse en cada un dos idiomas oficias da nosa Comunidade Autónoma, ben sexa por escrito, ou en formato audiovisual. Cada concursante poderá presentarse a título individual ou formando equipo, en calquera caso, sempre haberá un representante, que se non se fai constar explicitamente, entenderase que é o primeiro que figure na relación que presenten, e só poderá presentar un traballo que ten que ser orixinal e inédito e que non fora premiado noutros certames

4. Contidos: O traballo ou proxecto consistirá na elaboración dunha publicación escrita dun mínimo de 4 páxinas e un máximo de 40, ou en formato audiovisual cun tempo de duración máximo de 30 minutos. O traballo debe achegar propostas novidosas e realizables, proxectos de investigación, que axuden a sensibilizar e actúen sobre a prevención dos accidentes de tráfico en temas relacionados co comportamento dos cidadáns, dá sua mobilidade, e seguridade (vehículos, infraesctructuras). Terase en conta a orixinalidade e creatividade dás propostas e que fomenten uns comportamentos máis seguros e responsables en relación coa mobilidade no tráfico.

5. Lugar de presentación e prazos: Remitiranse a Xefatura Provincial de tráfico da súa provincia antes do 12 de novembro de 2010 . Os traballos irán acompañados dunha copia e non constará identidade algunha do autor ninsinatura que poida identificalo. Nun sobre aparte figurará un lema relacionado co traballo e no interior os seguintes documentos: Fotocopia do D.N.I. poilas duas caras, a copia de admisión da matrícula na universidade, e os seus datos personales (enderezo ,o número de teléfono, correo electrónico)

6. Xurado: O xurado calificador estará constituido por Un representante da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, Un representante de Stop Accidentes, Un representante da Dirección Xeral de Tráfico, Un xornalista da prensa galega

Estará presidido por un representantes dunha das universidades da nosa Comunidade

7. Premios

1º premio: 1.000 euros + ordenador portátil

2º premio: 750 euros+ ordenador portátil

3º premio: 500 euros+ ordenador portátil

Os premios non poderán ser acumulativos nin divisibles e poderán ser declarados desertos polo xurado.

8. Dictame: O dictame do xurado será inapelable e darase a coñecer a primeira semana de decembro de 2009. A relación publicarase na páxina web de Stop Accidentes

9. Aceptación: A presentación dos traballos supón a total aceptación dás bases. Os traballos pasan a ser propiedade dá organización, que poderá facer o uso que consideren conveniente, sen pagar dereitos de autor.

PROPOSTAS

Trátase de desenvolver iniciativas, ideas ou proxectos de investigación en temas relacionados coa seguridade viaria, e que poidan ser levados á práctica, valorando de xeito especial a orixinalidade e a creatividade, e por riba de todo, que ás propostas sexan viables, para así intentar mellorar ás pautas cívico-viarias dá xente nova.

Ás propostas tamen poden ser en forma de películas, cómics, música, debuxos animados, etc. Sempre que a mensaxe teña que ver coa mobilidade.

Trátase de sensibilizar os mozos e mozas, tendo en conta ,que é un colectivo dos máis afectados, xa que os accidentes de tráfico, representan unha dás primeiras causas de mortalidade, e por iso, queremos que sexan partícipes dos proxectos e programas para intentar previr os riscos que padecen na súa mobilidade.

O noso compromiso debe ser crear unha cultura baseada na responsabilidade que ten que ter a xente nova, facendoa partícipe de posibles solucións e entre todos conseguir reducir os accidentes de tráfico.

O Concurso vai dirixido o colectivo de estudantes dás tres Universidades de Galicia e dá UNED, incluíndo todas ás especialidades: Direito, Ciencias da Educación Arquitectura, Enxeñaría, Psicoloxía, Pedagoxía, Informática, Económicas, Imaxe e Son, etc.

TRIPTICO PDF
DUDAS O MAS INFORMACIÓN EN LA DELEGACIÓN DE STOP ACCIDENTES GALICIA

No hay comentarios: