martes, 22 de junio de 2010
ESQUERDA UNIDA SOLICITA CON URXENCIA A DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NA ESTRADA DE CIRCUNVALACIÓN O MONTE SANTA TREGA
Exemplo do marxen da estrada na que se mira a falta das beirarrúas e o peligro que leva transitar os peatons nesta circunvalación.
Foto: ATRISCA
A GUARDA
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Nin co plan E nin co plan I. Camposancos segue no olvido. Dende o empalme ata Camposancos seguimos sen beirarrúas, e o asfalto é unha auténtica calamidade. Os Campusinos nos comentan que se gastan cartos sen pensar nos vecinhos, (arranxo dos peiraos no barrio da Pasaxe – Paseo Marítimo etc... ), e se esquecen das verdadeiras prioridades da cidadanía como o ensanche e acondicionamento de beirarrúas da volta ao monte Trega, (Aproximadamente 5 Km, PO-352).
Os cidadáns que caminhan arredor do monte Trega corren perigo de atropello, por ser unha estrada moi estreita, e sen iluminación e isto empeora no inverno.
DENDE EU SOLICITAMOS:
Que o Concello faga a petición a Deputación e Xunta de Galicia para mellorar a circunvalación ao Monte Trega.
Que conte ca rede de saneamento, augas, electricidade e beirarrúas.
A Guarda a 21 de xunho 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario