jueves, 22 de abril de 2010
ENTREGA DE PREMIOS A LOS GANADORES DEL IV CONCURSO DE INICIATIVAS UNIVERSITARIAS 2009
GALICIA
ENHORABUENA A PREMIADOS DEL IV CONCURSO INICIATIVAS UNIVERSITARIAS, 2009
Stop Accidentes / Galicia
Ámbito do concurso: Poderán participar todos os estudantes residentes en Galicia, que cursen estudos en calquera das tres universidades galegas, ou na UNED. Obxectivos: Sensibilizar e previr o colectivo universitario sobre a problemática que supón a mobilidade. Realizar proxectos, que partindo do seu coñecemento e análise , poidan achegar posibles solucións que servan e axuden a diminuir os accidentes de circulación. Diseñar e elaborar actividades ou recursos para implementar a Educación Vial e mellorar os comportamentos cívico-viais.
Acta da sesión de cualificación dos traballos presentados ao IV Concurso de Iniciativas Universitarias “Por unha mobilidade segura” e selección dos premiados.
Reunidos, na Secretaría Xeral de Universidades, o día 2 de decembro de 2009, ás 11:00 horas:
D. José Manuel Pan López, periodista de La Voz de Galicia
Dona Jeanne Picard Mahaut, vicepresidenta de Stop Accidentes
D. Pedro Pastor del Castillo, jefe provincial de Tráfico de A Coruña
D. José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de universidades da Consellería de Educación
Dona Mª del Carmen Cabeza Pereiro, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo, que preside
Unha vez revisados os traballos que optan aos premios, toman os seguintes acordos:
1. Valorar positivamente o proxecto Game over na medida en que, a través do deseño dunha páxina web, constitúe un proxecto orixinal e viable, realizado cunha metodoloxía axeitada aos fins que pretende. Este traballo é proposto para o primeiro premio e o beneficiario é D. Alberto Cebral Loureda, alumno de proxecto de fin de carreita da titulación de Arquitectura, na Universidade da Coruña.
2. O traballo “Datos de Siniestralidad, Propaganda Comercial, Formación y Luces Navideñas” aporta algunhas ideas interesantes, aplicables en iniciativas tendentes a mellorar algúns aspectos que rodean a seguridade vial, concédeselle o terceiro premio. É beneficiario D. Javier Álvarez Dopico, alumno da titulación de Enxeñería Técnica Industrial, na Universidade da Coruña.
Os membros do xurado debaten varias ideas para promocionar os premios así como iniciativas posibles para conseguir unha maior formación no eido da seguridade vial.
Levántase a sesión ás 12:30.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario