miércoles, 21 de abril de 2010
DOCUMENTAL " DOUS DE VINTE ANOS " NA TVG
21/04/2010
GALICIA
ESTA NOITE NA TELEVISIÓN DE GALICIA, A PROBLEMÁTICA DOS ACCIDENTES DE TRÁFICO E A SEGURIDADE NAS ESTRADAS, A DEBATE
Na noite de hoxe, arredor da 1:10 a.m., na programación da primeira canle da TVG, o espazo de debate social que modera Luís Méndez analizará hoxe os accidentes e a seguridade do tráfico nas estradas galegas, a partir do documental "Dous de vinte tantos", de Manuel Mallo, que dará pé ao faladoiro desta noite para analizar un tema de tensa actualidade e que esperta unha gran preocupación cidadá.
O tema de controversia suxerido polo documental proxectado establecerase en torno a tres convidados, citados no Estudio 5, para participar no faladoiro do programa e que son Manu Mallo, director do documental; Pilar Redondo, membro de "Stop Accidentes", e Pedro Pastor, director da DXT de Galicia.
Sinopse de “Galicia.Doc”
Espazo para o debate social. Os temas expóñense a través dun documental e logo trátanse nun faladoiro con convidados que modera o xornalista Luís Menéndez
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario