STOP ACCIDENTES GALICIA

STOP ACCIDENTES GALICIA
STOP ACCIDENTES GALICIA

lunes, 29 de marzo de 2010

ES NECESARIO INSTALAR CON URGENCIA SEMÁFOROS NA RUA ROSALÍA DE CASTRO


FOTO CEDIDA POR ATRISCA

FOTO CEDIDA POR ATRISCA

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Foron varios os vecinhos que nos comentaron súas inquedanzas. Unha delas é que presentaramos unha queixa do perigoso que é cruzar na R/ Rosalía de Castro, e Avda. de Portugal.
Tódolos cidadáns que se achegan ata o centro de saúde, ou saen do centro cultural, encóntranse que no marxe esquerdo en dirección a Camposancos non dispón de paso de peóns na subida ao monte Trega e de seguido faltan aproximadamente uns 30 metros de beirarrúa o que dificulta cruzar a estrada e pon en risco a vida dos viandantes. Ademais esta beirarrúa na súa cabeceira non dispón de rampla para minusválidos.
Tódolos días en esta zona estacionan turismos e os cidadáns tenhen que circular andando pola estrada ata chegar a beirarrúa.
Acotío vemos como os turismos cruzan a R/ Rosalía de Castro a esquerda, raia continua, para entrar na R/Julia Vaquero.
DENDE EU SOLICITAMOS:
Que se faga un estudio para colocar senhais luminosas (Semáforos) para regular o tráfico e protexer as persoas que acoden ao centro de saúde colexios públicos etc...
Que rematen a beirarrúa ata a subida ao monte Trega, e sinalicen o pasos para viandantes sobre a estrada subida ao monte Trega e na R/ Tral. Bechos.
Sinal de prohibición de xirar a esquerda, para entrar na R/Julia Vaquero.
A GUARDA 29-03-2010 -

No hay comentarios: