jueves, 16 de abril de 2015

.... I CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN ESCOLAR - OURENSE .... PATROCINADO POR " PONTE VELLA CENTRO COMERCIAL E OCIO CON A COLABOURA DA ASOCIACIÓN: STOP ACCIDENTE DE GALICIA ....

 I CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN ESCOLAR
"PEÓN, MOITA PRECAUCIÓN"

CONVOCATORIA: Data límite: 15 DE MAIO.

Ponte Vella Centro Comercial e Ocio e a Asociación Stop Accidentes queren promover a prevención dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, dirixido a alumnado de educación primaria, este concurso pretende que o aprendido polos nen@s, tanto na casa como no colexio, sexa a base dunha nova cultura de seguridade viaria que se traslade ao seu contorno máis achegado.
Obxectivos:
· Promover unha nova cultura da Seguridade Viaria como contribución á redución dos índicesde sinistralidade.
· Xerar un espazo de reflexión a través das imaxes e textos.
· Abrir un debate que nos permita reflexionar sobre a mobilidade e destacar os comportamentos de risco dos usuarios vulnerables nos contornos urbanos e
interurbanos.
· Fomentar a creación e expresión artística do alumnado.
· Recoñecemento de destrezas de expresión e creación artística.

No hay comentarios: