jueves, 4 de diciembre de 2014

..... O GRUPO DE ACORDEONS MASCARENHAS PRESENTA "O SON DO ACORDEÓN", SEU TERCEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO .....

O GRUPO DE ACORDEONS MASCARENHAS PRESENTA "O SON DO ACORDEÓN", SEU TERCEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO 

O día 6 deste mes, ás 20:00 h. ofrecerá un concerto no Centro Cultural e Social de A Guarda e o día 27, a mesma hora, na Sociedade Os Amigos, de Camposancos

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Grupo de Acordeons Mascarenhas, esa gratísima formación - integrada por mulleres e homes de heteroxéneas procedencias -, promovida por José Luis Lorenzo Rodríguez,  está presentando “O Son do Acordeón”, seu terceiro traballo discográfico.

 O vindeiro sábado día 6 decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda teremos oportunidade de disfroitar co concerto que o Grupo de Acordeons Mascarenhas ofrecerá co gallo desa presentación, que con toda seguridade vai constituir todo un éxito de afluencia de público.

 Prevemos que unha vez máis vaise pór de manifesto a notoria orfandade que o pobo de A Guarda sofre no tocante a infraestructuras culturais, desde que o 18 de marzo de 2005 pechase súas portas - como paso previo a súa desaparición como tal -, o Cine-Teatro Avenida, sin que polo de agora se albisque compromiso político - nin a nivel local, provincial, autonómico nin estatal - para tentar de acadar unha solución a curto ou medio prazo. Que palie dignamente esa inadmisible carencia, que somentes se subsanará coa redacción do correspondente proxecto e posterior execución de un Auditorio Municipal, que ben podería ubicarse onde se atopan ás instalacións do antiguo colexio público Manuel Rodríguez Sinde, cuios terreos forman parte do inventario de bens de titularidade municipal do Concello de A Guarda.

 Por outra parte, o día 27 de decembro, ás 20:00 h. na Sociedade Os Amigos, de Camposancos, o Grupo de Acordeons Mascarenhas, ofrecerá outro concerto.

 “O Son do Acordeón” constitúe unha proba evidente, non somentes do carisma e do incuestionable amor pola Música, da persoa que dirixe o o devandito grupo, senón do alto grado de compromiso musical de tódolos seus compoñentes. Persoas todas elas, que ademáis das súas ocupacions domésticas e profisionais, saben orgaizarse para dispór do tempo necesario para os ensaios e tamén, como non, para súas actuacións en público.

 Outro valor e engadir, e que prácticamente ningún dos compoñentes do Grupo de Acordeons Mascarenhas vive da música.  

  Asemade, unha das craves do nivel artístico e musical do Grupo de Acordeons Mascarenhas residen na adicación e na constancia, valores que propician óptimos resultados, desenvolvendo unha impagable labor cultural e de difusión da música a traverso do acordeón desde comezos de 1997.

 “O Son do Acordeón” e – segundo a definición do Grupo Mascerenhas - un traballo musical composto por doce obras musicais de diferentes xéneros que tentan levar o público o engado e a beleza sonora deste instrumento.

 Esta nova achega discográfica conta con tres pezas galegas – “O Son do Acordeón”, “Muiñeira do Rosal” e “Na punta do pé” - compostas por José Luis Lorenzo Rodríguez, fundador e director do Grupo de Acordeons Mascarenhas, e outras nove – “Ponteareas”, “Yesterday”, “Valencia”, “Bésame mucho”, “Islas Canarias”, “Lela”, “Hellow Dolly”, “Adiós muchachos” “Michelle” - de diferentes autores – Reveriano Soutullo, Lennon&McCartney, José Padilla Sánchez, Consuelo Vázquez, Josep María Tarridas Barrí, Rosendo Matao Hermida, Jerry Herman e Alberto Sanders -, de grande prestixio.

 A grabación estivo o coidado de Miguel de la Peña e Sandra Iglesias, de Baixo Miño Estudios.

 O Grupo de Acordeons Mascarenhas está formado polas seguintes persoas: José Luis Lorenzo Rodríguez, María de Fátima Daval Rocha, Sandra Pérez González, Natalia Fernández Martínez, Víctor Valcárcel Carracedo, Raquel Rodríguez Baz, Juan Luis Bande Rodríguez, Ana Portela Lorenzo, Ivan Rodríguez González, Rocío Lomba Alfonso, Susana Chaver Álvarez, Daniel Vilanova González e Antonio González Melón.

 Compre relembrar que no ano 2004 o Grupo de Acordeons Mascarenhas debutou no complexo mundo da discografía co seu primeiro CD titulado "Mis Recuerdos", que logrou un gran éxito, o que lles animou no ano 2007, e con motivo do X Aniversario a publicar o seu segundo CD"X anos Xuntos". Neste traballo discográfico inclúense sete cancións galegas, entre elas tres jotas dedicadas á A Guarda, "O Pico do Facho", "Foliada de Buxán", "Xota de Camposancos" e o "Pasodoble Guardés"; todas elas son composicións do Director do Grupo, José Luis Lorenzo Rodríguez. 

 O Grupo de Acordeons Mascarenhas está aberto para recibir a calquera acordeonista que desexe participar neste labor musical.

 Asemade, o Grupo de Acordeones Mascarenhas e unha entidade que forma parte dos convenios culturais coa Diputación de Pontevedra e participa o longo do ano en numerosos eventos culturais, ofrecendo concertos, tanto en localidades de Portugal como de Galicia.

Información facilitada y publicada en INFOGAUDA
http://infogauda.blogspot.com.es/2014/11/a-guarda_36.html

No hay comentarios: