Luis Rial - no centro da imaxe -, acompañado por María José e unha representación do Grupo de Corda Antorcha, de A Guarda
Infogauda / Redacción
Como xa habíamos informado previamente neste xornal dixital, a cantautora guardesa María José Baz Martínez e unha representación do Grupo de Corda Antorcha, de A Guarda, veñen de participar no programa radiofónico "Estamos contigo", que dirixe Luis Rial, e que emite Radio Obradoiro, desde á capital de Galicia, onde na madrugada do pasado luns día 22 o 23 de decembro, de 00:00 a 03:00 h., interpretaron coas súas voces, e a compaña musical dun laud e cinco guitarras, varias panxoliñas de Nadal.
Información publicada e facilitada por INFOGAUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario