jueves, 11 de septiembre de 2014

..... Pais, nais e profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal están pechados no centro demandando a falta de un profesor .....

NOTICIA PUBLICADA Y FACILITADA POR INFOGAUDA



Pais, nais e profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal iniciaron ás 20:30 horas de hoxe mércores día 10 de setembro, un peche indefinido no centro de ensino. 
A comunidade educativa rosalense demanda a Consellería de Educación o cumprimento da lei en canto a profesorado, xa que hoxe comenzaron as clases con un profesor menos do que lles corresponde segundo o catálogo de profesorado en vigor. 
Aclaran tanto dende a ANPA como dende a asemblea de profesores e profesoras que non hai ningún motivo razonable para que o noso centro sexa tratado de xeito distinto a outros centros que teñen o mesmo número de unidades.
Engaden  ademais que a maioría das aulas de primaria no CPI están moi masificadas e que contan con un considerable número de alumnos que necesitan apoios educativos.

No hay comentarios: