lunes, 31 de marzo de 2014

.... OUTRA BEIRARRÚA EN INCALIFICABLE ESTADO DE ABANDONO ....

A imaxe amosa craramente o vergonzoso estado da beirarrúa situada fronte a Praza de Avelino Vicente, entre as rúas Concepción Arenal e Alcalde Manuel Álvarez Vicente.
Foto: Anselmo Martínez Pena
Anselmo Martínez Pena / A Guarda

 Ubicación: Beirarrúa que divide as rúas Concepción Arenal e Manuel Álvarez. 

 Isto que vemos na foto non é cousa de hoxe, non, as baldosas estaban no seu sitio despegadas do chan e cando chovía e pisabas nunha delas facías presión e a auga chifraba cara arriba mollándoche as pernas. Así estiveron soltas, bastante máis dun ano, e con tempo seco, notábalo ben cando ao pisalas movíanse e facían ruído.

 Fai aproximadamente un mes, sacáronas do sitio e puxéronas no bordo da beirarrúa. Hoxe seguen igual pero machucadas tal como vedes na foto. 

  É que ninguén do Concello, policía municipal, concelleiros, alcalde, etc. etc. andan pola rúa e ven estas cousas? Que non é esta soa, que en moitos sitios atópanse cousas semellantes. Se pateasen o pobo co ánimo de mirar,  seguro que se darían conta de que iso de “camiñar mirando” forma parte do seu traballo. 

 En fin, aí lles queda a foto e xa lla farán chegar a quen corresponda para que iso se arranxe, sempre que consideren que se debe arranxar, claro.

Información publicada y facilitada por INFOGAUDA.

No hay comentarios: