lunes, 3 de marzo de 2014

...." II CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN "-ÉSTE DOMINGO 9 DE MARZO NO CAMPING SANTA TECLA DE A GUARDA ÁS 10:30 DA MAÑÁN - ORGANIZADO POR O COLEXIO SAN XEROME EMILIANI .....


 Regulamento:
 1º - O Club Polideportivo  S.  Xerome, e S.A.Trega coa colaboura  da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,  Concello da  Guarda, Concello  do  Rosal,   a Deputación Provincial  de Pontevedra e a FEGADDI,  organizan no Cámping Santa Tecla en A Guarda o  II  Campo A Través Pola Integración S.  Xerome, o próximo día 9 de marzo  de  2014.
2º - O horario de saída das carreiras ( e  distancias  aproximadas) será á seguinte:
10:00 – Prebenxamíns mulleres e homes (Nados anos: 2.008 y 2.007) 500 m
10:10 – Benxamíns  mulleres e homes (Nados anos: 2.006 y 2.005) 500 m
10:20 – Alevíns mulleres e homes (Nados anos: 2.004 e 2.003) 1.000 m.
10:30 – Infantiles mulleres e homes (Nados anos: 2.002 e 2.001) 2.000 m.
10:40 – Cadetes mulleres e homes (Nados anos: 2.000e 1.999) 2.500 m.
10:55 - Xuvenil/Júnior mulleres e homes, (Nados anos: 1.998/97 e 1.996/95) 4.000 m.
11:45 - Sénior feminina, (Nados anos: 1.994/93/92/91 ou antes) 6.000 m.
12:15 –  Sénior homes, (Nados anos:1.994/93/92/91 ou antes) 10.000 m.
3º - O campo a través será popular e federado. Os atletas con discapacidade mulleres correrán na categoría cadete, e os homes na categoría Xuvenil/Júnior. Os atletas con discapacidade que non son de competición  percorrerán a distancia de 500 m.
4º - O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.
 5º - O control e dirección das carreiras estará a cargo dos voluntarios do S.  Xerome e S.A.Trega.
  6º - As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico correo@sanxerome.com, ou  no  teléfono 692 100 182 a partir das 16 horas.  Enviarase : Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha   para os Federados, Club, Data nacemento, teléfono ou e-mail de contacto.
 7º - En todas as carreiras haberá unha clasificación por categorías de ambolos dous sexos.Enviaranse por correo electrónico ou no día da proba se aportan un pendrive. Os premios serán trofeos  os tres primeiros clasificados de cada categoría.
 8º - Serán gañadores do  II Campo a Través Pola Integración a primeira atleta clasificada da carreira  sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira  sénior masculina
 9º - Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.
10º - Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.
11º - Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.
 12º - Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
 13º - O Club deportivo S.  Xerome e S.A.Trega e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
 14º - O feito de inscribirse neste campo a través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.


A Guarda,  Febreiro 2014


No hay comentarios: