Co motivo do 25 aniversario da constitución do Club de Remo Robaleira, e dentro dos diferentes actos que se celebrarán durante este ano, comezamos coa presentación do disco Robaleira, na que o cantautor guardés Tino Baz, danos a súa visión particular do Remo, así unha escolma das súas verbas di: "(...) Porque vemos no Remo a beleza dun deporte vencellado fondamente ás nosas raíces como pobo mariñeiro(...)".
Neste disco Tino Baz contou con a colaboración estimable de Anxo Baz que puxo a música e a letra dunha das pezas do disco ó himno a Robaleira, e tamén contou coa colaboración da pianista Tamara Martínez e Carlos Villanueva na frauta traveseira.
Agardámosvos no Centro Cultural o vindeiro día 24 de xaneiro no acto que se celebrará a partir das 20:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario