miércoles, 9 de octubre de 2013

....XULIA VAQUERO, A ATLETA OLÍMPICA GUARDESA NON FOI INVITADA NA CARREIRA " 15 K DO ATLÁNTICO " POR A ORGANIZACIÓN ....

Entre os veciños de A Guarda estaba Julia Vaquero Sousa, unha das mellores atletas galegas da historia do Atletismo, que ademais de haber logrado importantes éxitos deportivos o longo da súa carreira, foi 9ª na final de 10.000 metros lisos nos XXVI Xogos Olímpicos de Atlanta. Julia Vaquero departiu con moitos corredores e veciños da contorna, e recibiría unha cálida ovación do respectable, logo de que o xornalista deportivo Terio Carrera, fixese mención, a traverso do servizo de megafonía, da presenza desta entrañable atleta guardesa.



Pouco despóis de chegar ó último atleta, tería lugar a entrega dos premios, acto no que paradóxicamente non participou Julia Vaquero, xa que non nos consta que nin á organización do evento deportivo tivese a previsión de convida-la, nin ningún dos munícipes - nomeadamente o de A Guarda - lle hubese cedido ese honor á entrañable atleta guardesa. Foi, na nosa opinión, un lamentable esquecemento. 
Os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría foron elabourados por mozas/os da Asociación Avelaíña,  de A Guarda.

Máis información en:

No hay comentarios: