martes, 7 de mayo de 2013

..... ¿ CÁNDO PENSARÁN ABRIR Á PORTA DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ , PRA QUE VECIÑ@S E VISITANTES PODAMOS VISITALA ?



Infogauda / A Guarda

A pesares de haber pasado a formar parte do inventario de bens municipais desde o goberno local que presidiu o alcalde José Luis Alonso Riego, do Partido Popular, a Fortaleza de Santa Cruz, no termo municipal de A Guarda continúa a ser un Ben de Interese Cultural (BIC) descoñecido para á maioría da cidadanía de A Guarda e súa contorna. E todo iso, logo de que á Consellaría de Cultura, da Xunta de Galicia, sendo Ánxela Bugallo, conselleira, destiñase  en 2006, á suma de 504.000 euros - unha morea de cartos - para varias actuacions nese BIC. Posteriormente, o Ministerio de Fomento adoitase o compromiso de facer unha achega de 775.448,36 euros para á posta en valor desa fortaleza, segundo o "Proxecto Básico de Execución de Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz" , presentado polo Concello de A Guarda, no que se prevé un orzamento de 1.033.931 euros, dos cales, o 25 por cento estaba previsto que fosen aportados pola Xunta de Galicia e o resto, polo própio concello.
A pesares das inxentes cantidades de diñeiro público que as diferentes administracións levan achegado para á Fortaleza de Santa Cruz, non vemos nada positivo que se demore o acceso do público a ese enclave, que constitúe un patrimonio histórico e cultural, que ademais de ser un recurso turístico, debe ser disfroitado pola cidadanía sen demora.

Máis información en:
                                   

No hay comentarios: