lunes, 14 de enero de 2013

CRÓNICA DO INMINENTE E INXUSTIFICADO PECHE DE UN LOCAL SINDICAL CON MÁIS DE 35 ANOS DE TRAXECTORIA

Logo de máis de 35 anos de actividade sindical na vila de A Guarda e comarca do Baixo Miño, a actual dirección da Unión Sindical Comarcal de Vigo – Baixo Miño decidiu de xeito unilateral, e decir sen contar cos afiliadas/os vencellados o local de A Guarda; pechar desde finais do vindeiro mes de febreiro, o local existente nesta vila. A decisión, baseada en criterios puramente economicistas, vai ter como consecuencia inmediata – xa a está tendo – á desafiliación á Comisións Obreiras, e o máis que probable trasvase de afiliadas/os a outra organización existente no termo municipal. Iso de xeito inmediato, para producirse a curto ou medio prazo, á perda de delegadas/os sindicais que até o de agora víñanse presentando coas sigras de CC.OO. e nas vindeiras eleccións sindicais, pode que xa non o fagan. Pero iso semella que á actual dirección da Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo – Baixo Miño non lle preocupa. É máis, téñen-o como algo asumido. Alomenos e o que din pola boca pequena. E pretenden pechar o local sindical que CC.OO. ten en A Guarda, sen da-la cara. Sen convocar unha asamblea de afiliadas/os e escoita-los - que sería o cortés e o decente -, e ver as posibles solucións – que as hai -, para evita-lo peche.
Se botamos a vista atrás, relembramos os duros comezos da Unión Sindical Comarcal de CC.OO. do Baixo Miño – que foi súa denominación o longo de moitos anos -, nos que por non ter, non había nin luz eléctrica, nin auga corrente, nin aseos,... no local - sito na Rúa Vicente Sobrino, de A Guarda - propiedade de Dona Josefina Lorenzo Gómez (“A Leona”), a quen os traballadores nunca lle pagaremos o inmenso favor de ceder altruistamente, e durante varios anos, un espacio onde poder desenvolver cada día, de luns á sábados, á labor sindical necesaria para moitas/os traballadoras/es de A Guarda e súa contorna. Eran tempos nos que o compromiso, a entrega e o voluntarismo de un puñado de persoas, fixeron posible que o sindicato de Comisións Obreiras fose o úneco medio a disposición das/os traballadoras/es de A Guarda e súa bisbarra. CC.OO. era todo un referente. No seo desta central sindical xurdiron varias iniciativas socioculturais. Entre outras, relembramos que en 1979, unha candidatura progresista concorreu ás primeiras Eleccións Municipais democráticas despois da Dictadura franquista. No seo de CC.OO. xurdiu á Agrupación Cultural Guardesa, así como un grupo de gaitas e o primeiro embrión da loita pola defensa do medio ambente natural.
Atendendo á proposta de Xoán Noia Xil, CC.OO. liderou á Comisión Pro-Fosa Común, que presidiu Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”, e que coa colaboura de concellos da conca mineira de Asturias e tamén do de A Guarda; de achegas de diversas Unións de CC.OO. de toda España, e tamén de obras doadas por varios artistas plásticos, e tamén de aportacións populares, fíxose posible á dignificación da Fosa Común de Sestás, cando dito sexa de paso, ninguén ou cáseque ninguén, falaba de Memoria Histórica. A Guarda, foi, dese xeito, pioneira nesa labor. E alí estivo, o igoal que representantes doutras organizacións, á xente de Comisións Obreiras.
Co paso dos anos, a dirección do local de Comisións Obreiras de A Guarda, asumiu novos compromisos, como por exemplo, a reivindicación das casetas para os pescadores guardeses; que apoiou á Universidade Sur de Galicia; así como á creación do Instituto de Formación Profisional e o novo colexio de A Sangriña, sendo Delegado Provincial de Educación, Aniceto Núñez. CC.OO. tamén apoiou xunto con outras organizacións, á Comisión Pro-Instituto de BUP e COU público e gratuito para A Guarda.
Cando non había outras organizacións estabrecidas na Guarda, o local de Comisións Obreiras foi desde seus comezos un lugar onde todas/os tiñan cabida.
Desde fai uns cantos anos, o local de Comisións Obreiras ven desenvolvendo unha labor sindical diaria, de luns a venres, atendendo a traballadoras/es, desempregadas/os e pensionistas, en contacto coa estructura da Unión Sindical Comarcal de Vigo – Baixo Miño. Dese xeito, agás en ocasións puntuais, as/os afiliadas/os non teñen que desprazarse nin o local de O Porriño nin o de Vigo, gañando todas/os.
Coa decisión da executiva comarcal de CC.OO. de Vigo – Baixo Miño, de pechar o local sindical de A Guarda, os que gañarán serán outros, pero non as/os actuais afiliadas/os de CC.OO. Por iso, desde agora mesmo, queremos deixar constancia do noso rexeitamento máis enérxico a decisión adoitada, o tempo que facemos responsables dese evidente retroceso para as/os afiliadas/os de CC.OO. de A Guarda e comarca do Baixo Miño, en particular, e de toda á sociedade civil, en xeral; á dirección da Unión Sindical Comarcal de Vigo-Baixo Miño, que bota pola borda o traballo desenvolvido ó longo de moitos anos, en condicións de considerable dureza, por moitas persoas que traballaron de xeito totalmente desinteresado, o que permitiu conquerir importantes avances para á crase traballadora e para toda á sociedade, no seu conxunto.
Todo iso semella non contar para unha dirección insensible, que pretende conservar á fidelidade das/os afiliadas/os e que éstes acudan, cando o precisen os locais de O Porriño ou de Vigo, decisión que probablemente non vai ser asumida polas/os afiliadas/os por antiecónomica e falta de operatividade, cando dispoñen de outras alternativas máis próximas o seu lugar de residenza. 
Nestes intres nos que algúns, desde arriba, somentes aplican recortes, habendo finiquitado prácticamente todo o positivo que custara conquerirse o longo de décadas de loita sindical e social, hai que conxugar outros verbos, como resistir ou revitalizar. 

Infogauda

http://infogauda.blogspot.com.es/

No hay comentarios: