sábado, 13 de octubre de 2012

.... O BNG do Rosal solicita a adaptación á Instrución Técnica para a instalación de redutores de velocidade das bandas transversais na estrada Tabagón – As Eiras ....


Estas bandas elevadas teñen causado danos nos vehículos que a diario pasan por esa estrada.

Infogauda / O Rosal

O BNG do Rosal ven de solicitar a adaptación á Instrución Técnica para a instalación de redutores de velocidade, das bandas transversais recentemente instaladas na estrada que transcorre entre Tabagón e As Eiras.

Segundo os nacionalistas, fai uns días na estrada que vai de Tabagón ás Eiras, puxéronse unhas bandas elevadas -catro en total- para reducir a velocidade, respondendo á petición dos veciños, que non cumpren a normativa.

Fixéronse sen ter en contas as instrucións técnicas vixentes e teñen causado moitos problemas ás persoas que a diario pasan por elas, pois causan un gran impacto nos vehículos”, di o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, e engade que “foron moitos os veciños que nos expresaron as súas queixas”.

Así, afirman que é evidente que as bandas elevadas construídas, non se adaptan a normativa que regula estas bandas, pois non teñen nin un metro de longo, cando a Instrución referida di que deben ter 4 metros, para que a pendente de entrada non sexa tan brusca e abrupta.

Entenden os nacionalistas que “a presa por facelas antes das eleccións, fixo que non se tivera en conta a normativa”, e solicitan do alcalde e da Deputación, de quen depende a estrada, que canto antes arranxe a aberración que fixeron, pois hai varias reclamacións de veciños no concello con danos causadas nos seus vehículos.

Información publicada y facilitada por INFOGAUDA

No hay comentarios: