“A moción do BNG é consecuencia da inacción das administracións públicas en materia de seguridade viaria”
A moción presentada polo BNG solicita que se tomen as medidas necesarias, con carácter de urxencia, para garantir a seguridade vial no entorno do IES “A Sangriña” da Guarda. A moción foi aprobada pola unanimidade das forzas políticas do pleno guardés.

“Ainda que os problemas de tráfico son inherentes a un centro destas características tamén son predicíbeis po todas as deficiencias que presenta o acceso ao mesmo, así llelo fixemos ao Alcalde e ao concelleiro de tráfico”, comenta Hortensia García, concelleira do BNG.
O BNG considera que as administracións públicas teñen a obriga de facer o maior esforzo posíbel para garantir a seguridade de todos os que frecuentam esta contorna, en especial ao alumnado, que na maioría dos casos van a pé.Información publicada e facilitada por INFOGAUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario