viernes, 18 de noviembre de 2011

*Oxe venres 18 de novembro, terá lugar nas instalacións do Centro San Xerome Emiliani de A Guarda, un taller de musicoterapia no que participarán usuarios das Asociacións Avelaíña e San Xerome Emiliani, e alumnos dos Centros de ensino público CEIP A Sangriña e IESP A Sangriña, dentro do marco do programa europeo comenius-regio.



O taller será impartido por Víctor Fuggetto, musicoterapeuta do Centro San Xerome Emiliani, e consistirá na composición dun tema musical, para ser grabado posteriormente nun estudio de grabación profesional, neste caso nos Estudios Baixo Miño de Eiras, en O Rosal, gracias á colaboración de Miguel De La Peña.
O comenius regio é un programa europeo que se leva a cabo entre diferentes socios de dúas rexións europeas. Neste caso: Baixo Miño e a Région Nord Pas-de-Calais (Francia).
O proxecto denomínase:
Os Programas Europeos como motor de inclusión social de discapacitados intelectuais e enfermos mentais.
Dentro de cada rexión traballan conxuntamente varias asociacións que son supervisadas e xestionadas por unha entidade municipal ou educativa.
Nesta rexión o proxecto está xestionados por la Delegación Provincial de Educación de Pontevedra e formamos parte da asociación:
1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)
2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)
3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de primaria)
4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)
Os socios franceses están supervisados polo Concello de Zuydcoote (Dunquerque) e traballan dúas asociacións:
1. “Collège Boris Vian”
2. “Institut Vancauwenbergue” (centro composto por: Centro de Rehabilitación Física; Casa de Acollida Especializada e Sevizo de Educación e de Asistencia Médica Especializada a Domicilio).
O proxecto ten unha duración total de 2 anos, ó longo dos cuais débense traballar de forma paralela unha serie de actividades, que organizaran as asociacións indistintamente, e nas que deben participar tódo-los socios de cada rexión : excursións (senderismo, rafting, carreiras de orientación, rapel, piragüísmo...); talleres de fotografía; talleres de música (musicocretividad, musicoterapia, percusión...); de cerámica; celebracións populares (Samaín, Magosto...); actividades relacionadas co medio ambiente, etc.
Ó cabo do primeiro ano farase balance de resultado entre as dúas rexións e en función déstes se programarán as actividades do segundo ano.

No hay comentarios: