Este pasado venres, no Obradoiro de Musicoterapia, "pateamos" algúns prexuizos sociais a golpe de tambor cunha nova proposta reinvindicativa. Nesta ocasión, a inclusión social leva ritmo, e faise escoitar.
A partir do luns 21 de novembro, no apartado de "audio" da páxina web de Estudios Baixo Miño (http://www.bmestudios.com/), poderase escoitar o abraiante resultado do Obradoiro de Musicoterapia no que participaron usuarios das asociacións Avelaíña e San Xerome Emiliani, e alumnos dos centros de ensino CEIP A Sangriña e IESP A Sangriña.
Unha divertida peza musical na que instrumentos de corda e de vento mistúranse a ritmo de "samba" con caixas, timbales e cencerros.
O Obradoiro consistiu en dúas actividades: durante a mañán a composición do tema e os ensaios, e xa pola tarde a visita a Baixo Miño Estudios, para rematar finalmente coa grabación.
Moita ilusión, grandes músicos e ó final caras de satisfacción... e unha boa molladura de camiño a casa!
Pero por riba de todo a todopoderosa música, levantando paixóns e facendo o que mellor sabe: axitar o noso esqueleto. E a nosa mente.
A miña gratitude para aqueles que depositaron en min a confianza para conduci-la actividade. Tamén a Miguel De La Peña de Baixo Miño Estudios pola súa colaboración desinteresada, e ós profesionais Alfredo, Alicia e Bea que colaboraron no Obradoiro.
Victor Fuggetto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario