sábado, 19 de noviembre de 2011

Encontro Galego-Portugués no Colexio San Xerome Emiliani.

 A fotografía corresponde a recente visita a Comisión europea en Bruxelas do grupo galego portugués dentro do primeiro dos programas (Juventud en acción – Democracia participativa).
Encontro Galego Portugués
no Colexio San Xerome Emiliani.

Farán a posta en común do Proxecto europeo Juventud en acción (Democracia participativa).
Este fin de semana do 18 ó 20 de novembro reúnese no Centro San Xerome Emiliani o equipo de Democracia Participativa do programa europeo Juventud en Acción. O grupo da Cercipovoa de Vilafranca de Xira (Portugal) viaxou en esta ocasión á A Guarda para facer o derradeiro encontro Galego - Portugués do proxecto. O grupo está constituído por oito xóvenes de Vilafranca de Xira e oito do Centro San Xerome Emiliani e da Asociación Avelaiña.
O traballo que van desenrrolar é unha posta en común dos resultados das reunións previas de cada grupo nas institucións locais, autonómica (so no caso galego) e nacionais. O segundo punto na orde do día será valorar cales foron os cambios persoais e o crecemento como cidadáns en este camiño que fixemos polas nosas institucións. Por último e como unha das cuestións mais importantes valoraremos os proxectos que queremos desenrrolar no futuro, xa sexa dentro da Acción de Democracia Participativa ou en outras áreas do programa Xuventud en Acción da Unión Europea.
A anterior ocasión na que o grupo se xuntou foi a viaxe a Bruselas, onde tivemos reunións cos responsables técnicos da área da discapacidade da Comisión Europea e coñecemos mais de preto o Parlamento Europeo onde tivemos a ocasión de entrevistarnos con algúns europarlamentarios galegos e portugueses.
Dende o Centro San Xerome Emiliani, promotor de esta inciativa, estamos moi satisfeitos con este proxecto e con todo o conquerido nesta viaxe pola democracia. Esperamos que de este encontro saían futuras colaboracións entre o noso centro e os amigos e compañeiros da Cercipovoa ( Vilafranca de Xira- Lisboa).

No hay comentarios: