lunes, 12 de septiembre de 2011

STOP ACCIDENTES - GALICIA participará y colaborará en la Marcha/Manisfestación que la Plataforma A GOLPE DE PEDAL VIGO celebrará el DOMINGO 25 DE SEPTIEMBRE DEL 2011 a partir de las 11,00 de la Mañana desde el PARQUE DE CASTRELOS.



Benquerid@s amig@s:



Co gallo da semana europea da mobilidade e baixo o título “Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade” as asociacións A Golpe de Pedal e Verdegaia queremos convocarvos á manifestación MÓVETE EN BICI SEN CO2 que se celebrará o domingo 25 de setembro do 2011 con saída ás 11 da mañá desde o Parque de Castrelos de Vigo. A marcha percorrerá a praza de Travesas e as rúas Camelias, Venezuela, Travesía de Vigo, Sanjurjo Badía, Guixar, García Barbón, Pi y Margall, Praza América e coa chegada a Praza da Independencia onde se leerá un manifesto.
A bicicleta é un xeito intelixente de desprazarse polas rúas dos pobos e cidades, individualmente permítenos realizar exercicio físico combatendo os males derivados dunha vida sedentaria, permíte desprazarnos máis rápidamente en percorridos de 3 a 5 kilómetros e na meirande parte das deslocacións urbanas e permítenos un significativo aforro ao ser o medio máis barato e eficiente enerxéticamente. Colectivamente o seu uso evita a contaminación acústica e atmosférica, reduce a dependencia das enerxías fóseis e evita a conxestión das vías públicas. En definitiva permítenos descubrir unha cidade a escala humana e fomenta as relacións sociais. A bici é saúde, é mobilidade sostible, é futuro.
Por todo isto queremos reivindicar,
1. A Revalorización social da bicicleta como medio de transporte e non exclusivamente para a práctica deportiva ou de lecer;
2. Discriminación positiva da bici respecto aos medios motorizados: ademais de presentar unha maior eficiencia enerxética, a bici non xera contaminación acústica nin atmosférica, o que contribúe a ter unha cidade máis limpa e agradáble;
3. Intermodalidade, coa creación de condicións que permitan o uso combinado da bici co transporte colectivo.
4. A pacificación do tráfico, mediante a progresiva redución da velocidade máxima en todo o casco urbano máxima e un maior control do cumprimento das normas de circulación, de modo a garantir a seguridade dos cidadáns;
5. Convocatoria da Comisión da Bicicleta, constituída no pleno do concello do día 25 de Abril de 2005 mais que non se reúne dende o 2006, para xestionar tódolos temas que teñan que ver co uso da bicicleta na cidade, entre eles a creación dunha normativa municipal.
6. A elaboración dun Plan de mobilidade urbana e dentro deste a redacción e aprobación dun plan Director da Bicicleta.
7. Promoción da bicicleta, desenvolvendo actividades lúdico-deportivas destinadas a estimular o seu uso dende a infancia e programas que incentiven os máis novos a ir en bici á escola utilizando itinerarios que garantan a súa seguridade vial.
8. O deseño dunha rede de infraestruturas que garanta a seguridade vial d@s usuari@s da bicicleta e facilite a integración das persoas con mobilidade reducida na mobilidade urbana.
Esperamos contar coa vosa presencia. Grazas e apertas.
A bici é cultura. Vívea!.
Más información en www.agdpvigo.net

No hay comentarios: