miércoles, 7 de septiembre de 2011

.... A LEY DO MÁIS FORTE ...

Anselmo Martínez Pena / A Guarda.


Resulta que o tempo me vai a dar a razón, cando dixen que en pouco tempo non íamos a poder saír nin entrar en coche na miña casa nas mañás do sábado, e non vai tardar moito se as autoridades se fan o “sueco” no que se refire ao control e supervisión da colocación dos postos do mercadillo.
Non creo que se lles poidan vender todos os dereitos da rúa aos comerciantes do mercadillo e aos demais veciños reducilos a non ter ningún. Explícome e dou proba diso con fotos.
Concretamente este último sábado vimos algo que nos deixa perplexos e que dí moito da discriminación que se emprega coa xente do pobo. Resulta que, por descoido de non ver os sinais que prohiben estacionar na mañá do sábado, apareceron dous coches, un de matrícula portuguesa e outro española aparcados na zona vedada. Chega a policía local, ven a infracción e proceden a denunciar eses dous coches.
Xusto na mesma rúa, no lado de en fronte, dúas furgonetas aparcadas en zona prohibida e montadas na beirarrúa (infrinxindo dúas normas de tráfico), e a policía non as multa.
Non pregunto a ninguén, pero si me pregunto a min mesmo: ¿Como é posible que os dous coches de calquera veciño, do pobo ou de fora, se lles denuncie e teñan que pagar unha multa e aos outros dous nin se lles diga o máis mínimo e se lle permita todo?
Sr. Alcalde. Váiselle escapando das mans o do mercadillo, pero claro como vostede é quen MANDA E DISPÓN, é posible que iso o vexa como o máis normal do mundo para iso MANDA E DISPÓN.
Até o de agora, non podíamos saír das casas nas horas de montar e desmontar o mercadillo. O resto do tempo tiñamos que facelo despaciño sorteando á xente. Se seguen a permitir estes aparcamentos dos vehículos dos comerciantes e os tenderetes montados por fora dos coches xa non poderemos facer nin iso. Váisenos a pechar totalmente o paso e aí xa quedaremos co noso mermado dereito de saír ou entrar, totalmente reducido á nada. Claro, como vostede MANDA E DISPÓN, terémonos que aguantar e ata é posible que se nos prohiba tamén expresalo.
¡Como me lembra todo isto a “Tempos pasados” e o que máis me doe é que o teñamos que soportar por alguén que se dí SOCIALISTA!
Atrévome a pedirlle unha soa cousa: ¡Reflexione e faga desaparecer isto de diante das nosas casas.!
Non pararei ata que volva a ser un cidadán libre de entrar e saír da miña casa sen ter que pedirlle permiso a ninguén. Se vostede quere, Sr. Alcalde, da mesma maneira que trouxo o mercadillo para diante das casas sen contar con nosco tamén pode sacalo.
¡Ah! Asfaltada xa a rúa Tomiño, logo da denuncia que fixen por este medio. Recordarlle que a rúa Ourense leva o mesmo camiño no referente as fochancas, claro.
Unha reflexión miña: “A ditadura non é de dereitas nin de esquerdas, soamente é dos ditadores”.
Información facilitada`por INFOGAUDA -
Más información http://infogauda.blogspot.com
Comentario Personal a ésta noticia:
Ánimo Anselmo, estamos para lo que necesites porque tienes razón. Cuando se tiene y es para resolver un problema que nuestros gobernantes han hecho mal pues no les gusta que se les diga y la experiencia que tengo es sigas luchando porque su estrategia es de ser ignorando a l@s vecin@s que piden que se respeten sus derechos.En mi opinión el Concejal de Tráfico debería DIMITIR pues los hechos están demostrando que no está capacitado para es importante cargo.

Tu primo, Toñito Uris.

No hay comentarios: