viernes, 17 de junio de 2011

Oxe Venres 17 de Xuño no THE CELTIC HARP actuación de humorista " PEPO SUEVOS " a partires das 23,30 da noite.

Oxe venres 17 de xuño clausuramos un ano mais a nosa temporada de monólogos, desta volta facemola da man do coñecidisimo comico, actor e presentador galego       PEPO SUEVOS.

Este showman nacido en ferrol, será a 12ª vez que visite o noso local para facer rir aos asistentes, este ano so vai poder facelo esta vez dado que estivo en infinidade de peliculas e series asi como programas de tv e debido o apretada que ten a axenda non puido estar con este publico ata este venres.
Nesta ocasión será a primeira vez que se cobre entrada neste local, normalmente vimos cobrando un recargo de 3 € na 1ª consumicion e as posteriores a prezo normal, pero nesta ocasión por esixencias do seu representante, temos que cobrar 4 € de entrada sen recargo algun nas consumicións.

PEPO SUEVOS Actor, presentador, comico-showman. Actualmente sae na serie de Piratas en T5, no Luar da TVG venres si venres non, de cando en vez sae en Land Rover, donde e xunto con Toñito de Poi o guionista do programa..
Tamén saiu en Hospital Central, en El Comisario, en Mareas Vivas, no Show dos Tonechos onde era o camarero oficial da Pousada. En Terras de Miranda onde protagonizaba un papel principal coma "o metralla", en Pratos Combinados, en Mareas Vivas e asi un largo ect....

No hay comentarios: