sábado, 14 de mayo de 2011

A POETISA AIDA LOMBA MÁRQUEZ SERÁ HOMENAXEADA CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2011

Na última asamblea da Agrupación Cultural Guardesa, celebrada o pasado día 3 de maio, foi elexida para ser homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas, a poetisa guardesa             Aida Lomba Márquez.

Aida Lomba naceu na Guarda, o día 30 de xaneiro de 1948. Dende moi xoven sentiuse atraída polo mundo poético, comezando coas lecturas de autores como José María Pemán, Gustavo Adolfo Bécquer, irmáns Álvarez Quintero, etc.
Estudou co colexio das HH. Carmelitas de A Guarda, e no Colexio do Instituto Social da Mariña, de A Coruña.
En 2003 publicou o poemario DESPUES DEL LETARGO e en 2005, ATARDERES DE OTOÑO.
O acto de homenaxe a Aida Lomba Márquez será o día 27 de maio, ás 9 da noite no Centro Cultural e Social de A Guarda.
Sobre Aida Lomba falará a poetisa e pintora Chuny Vázquez Vicente.
Asemade, tamén participará a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, e tamén o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez.
Como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa editará unha pubricación conmemorativa sobre a escritora homenaxeada, que será entregada a tódalas persoas que asistan a homenaxe.
Información facilitada amablemente por INFOGAUDA.

No hay comentarios: