STOP ACCIDENTES GALICIA

STOP ACCIDENTES GALICIA
STOP ACCIDENTES GALICIA

lunes, 16 de mayo de 2011

NOTICIAS BREVES do Colexio SAN XEROME EMILIANI.

Adxuntamos unha pequena viaxe polos acontecementos das últimas semanas e as novidades dos próximos dias no San Xerome.                                                 A fotografía corresponde a Hortiña ecopedagóxica inaugurada fai uns dias na Quinta das Mercedes (A Gándara).
Un saúdo.
Carlos González Blanco



NOTICIAS BREVES

Unha viaxe polos acontecementos das últimas semanas e as novidades dos próximos dias:
• Asamblea xeral de socios. Aprobaronse as contas cun saldo favorable de 900 € , sendo os gastos anuais de 1 millón seiscentos mil € , nunha entidade da que dependen 120 usuarios e máis de 60 traballadores. Os presentes ratificaron a Xunta Directiva presidida por Asunción Dacuña Pacheco e manifestaron o apoio a sua xestión.
• ANPA. A Asociación de nais e pais Joaquina de Otero do Centro San Xerome, presentou na citada Asamblea os seus proxectos, marcados pola celebración do 30 aniversario do Centro. Destacamos a entrevista co Delegado de transportes da Xunta para falar do transporte dos alumnos en idade escolar, e a reunión con outras entidades para tratar de xestionar un Programa de respiro familiar na zona sur de Galicia. No terreo festivo, no mes de xuño haberá unha viaxe a Bracalandia, e no mes de xullo un festival de humor e música. Informaron ademáis da aportación da cantidade de 400 € a cada un dos sectores de atención do Centro (CEDI, Educativas e Prelaboral) para a realización de actividade de ocio de fin de curso (campamentos, etc) .
• O San Xerome no teito de Galicia. Nesta ocasión imos celebrar os 30 anos do Centro, cun reto lúdico – deportivo. Trátase da subida camiñando dende A Veiga (Ourense) ata Peña Trevinca (punto máis elevado da xeografía galega), alí colocaremos a bandeira do noso Centro o sábado 21 de maio. Na actividade participará un grupo de 18 aventureiros (usuarios, voluntarios …), coordinados polo especialista Roberto Miranda, e co patrocinio económico do Concello de Tomiño.
• Hortiña ecopedagóxica. A pasada semana inaugurouse na Quinta das Mercedes da Gándara, coa presencia de alumnos de tódolos sectores, a Hortiña ecopedagóxica. Un proxecto do Sector prelaboral que recén despega, e do que moi pronto veremos os seus froitos (leitugas, tomates …) a venda na nosa Tenda (Rua Galicia).
• Colaboración co Club de remo Robaleira. Gracias a este acordo hai posibilidades de que o incio da próxima temporada remeiros con discapacidade esten presentes nas citas do calendario competitivo. Nos próximos dias farase a selección dos candidatos para iniciar a sua preparación no mes de setembro.
• Máis deporte.
Na Liga galega galega de fútbol sala e na máxima categoría de competición, despois da celebración da segunda xornada, ocupamos o segundo posto a 3 puntos do R. Chapela.
En Atletismo, 10 deportistas do noso Club participarán no Campionato galego en Vilagarcía, e 7 o farán no Campionato de España que terá lugar en San Fernando (Cádiz).
Asimismo, 6 compoñentes do noso equipo de baloncesto, 3 do de fútbol sala e 1 atleta representarán a Selección galega no Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.

No hay comentarios: