STOP ACCIDENTES GALICIA

STOP ACCIDENTES GALICIA
STOP ACCIDENTES GALICIA

viernes, 20 de mayo de 2011

FALANDO EN VOZ ALTA ...


FALANDO  EN
VOZ  ALTA

ÉSTE domingo día 22 de Maio de 2011, os guardes@s estamos convocados a participar nas Eleccións Municipáis.
Lembremos quens son os responsables directos da grave situación socio-económica que está atravesando á cidadanía de todo o Estado español e o que o Grupo de Goberno ten feito da nosa Vila. 
Que seu Xefe Maoir e Presidente de Goberno e seu equipo levaron a este país os preto de 5 millóns de desempregados , segundo datos oficiais , que na realidadade todos sabemos que lamentablemente hai máis dos 5 Millóns..
                      En A GUARDA :

- Os alumnos de ZP gastaron en balde moito diñeiro de obras innecesarias : A Alameda,a famosa e deteriorada 
Senda do Litoral (sin atender ás peticións dos veciños e comerciantes da Rúa Fernández Albor).

- Prometeron abrir a Rúa Inguieiros, estará no proyecto ben pintado e dibuxadiño, pero sólo iso.

- Son os  que prometeron a os mariñeiros guardeses surtidores de combustible no Porto de A Guarda, nin tampouco se fixo a prolongación do dique do Balueiro.


- Son os  que coa súa nefasta xestión contribuiron a que o desemprego na Guarda aumentase escandalosamente, namentras se beneficiaron do chamado Plan E empresas e subcontratas con obreiros portugueses, habendo obreiros guardes en paro por peche de empresas guardesas.

- Son os mesmos que logo de varios anos na oposición e catro anos no goberno municipal con maioría absoluta, non aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal, e que en éstos  días están  faendo o paripé en medios de prensa leáis a eles que queren aprobalo ou aprobar algunhas modificacións.

Son os que a día de hoxe, teñen a Fortaleza de Santa Cruz sen que poida ser visitada e disfroitada, nin por veciñ@s nin por turistas, a pesares do investimento feito pola Administración Autonómica e gastando un bo diñeiro pra nada.

 - Son os que non respostan a os innumerables veciños que se dirixiron á alcaldía, desoíndo ás suas peticións ou suxerencias dos cidadáns.

- Son os que pouco o nada lles importa que pechen empresas e comerciantes que non son afins as suas ideas , e que no lle lamben o c...ou non faen o que eles quixeran que faeran.
- Son os que non contestaron a  os moitos escritos que presentéi no Concello, e correos electrónicos que mandéi que como Veciño, Comerciante e  Socio colabourador da Asociación STOP ACCIDENTES pido que se resolvan os Graves Problemas de Seguridad Vial que temos, e habendo un atropeiro mortal de un veciño que se pudese haber evitado.

- Son os que  non fixeron prácticamente nada para mellorar a circulación rodada nos núcleos de Camposancos, Salcidos, La marina e Fedorento.

- Son os que non fixeron nada por mellorar os servicios de saude, equipando ao Centro de Saude con o necesario pra que moit@s veciños non teñamos que ir pra Vigo direito e pasar más de 12 horas pra que nos atendan, que en moitos casos non sería necesario si houbese un bo e equipando Servicio de Urxencias e en dito Centro.

- Son o que teñen  actitudes de chulería e prepotencia das que fixeron e siguen faendo gala algúns destacados dirixentes do chamado grupo municipal de goberno.

Necesitaría moito espazo pra decir o que penso do que fixeron mal que por iso os digo:
- Veciñ@s pensao ben, Votar porque e o nos@ dereito e a oportunidade de falar tod@s n@s  , iso sí  eu digo que : Nin por os de ZP............. nin por os de Beiras  ............. (que andan con gañas de volver ao goberno)..
Os Guardes@s merecemos algo mellor.
O dí en voz alta e sin esconderse Toñito o de Quisqueya.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tes toda a razón do mundo, nas nosas mans está o voto é tamen está en botalos... CABAQUEIRO.