jueves, 5 de mayo de 2011

ARRANXO DA RÚA PONTEVEDRA

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte:

ARRANXO  DA  RÚA PONTEVEDRA
Que o transversal, que comunica cas rúas Tominho e Ourense, rúa Pontevedra o equipo de Goberno no seu día a converteu en unha rúa privada.
A día de hoxe Esquerda Unida non tivo resposta de cal é a situación real da mencionada rúa. Actualmente non tenhen bolardos pero non retiraron as sinalizacións verticais, os coches continúan aparcados nas beirarrúas, e para colmo o estado da calzada é caótico.


Os propietarios dos turismos que deixan estacionados os coches nas beirarrúas non tenhen coherencia nin respecto cara a cidadanía e impiden o paso aos transeúntes. O lóxico sería que os gardaran no garaxe, ou estacionen legalmente.
Senhor Presidente e concelleiro de tráfico:
 ¿Cando autorizará a que os funcionarios cumpran ca súa obriga e deixen de estacionar coches nas beirarrúas?.
¿Os demáis cidadáns poden facer o mesmo que seus amigos?
Dende Esquerda Unida solicitamos:
A eliminación da sinalización vertical.
Que os desperfectos da calzada sexan reparados por conta dos que usaban a rúa como privada, ou por quen autorizóu a cacicada.
Que as autoridades de tráfico controlen, o estacionamento dos turismos rúa Pontevedra.
 A Guarda 05 de maio do ano 2011
Asd. José Ant. González Morais.

No hay comentarios: