AIDA LOMBA MÁRQUEZ, POETISA GUARDESA, SERÁ HOMENAXEADA NA SÚA VILA NATAL.
Por acordo da súa asemblea de socios, a Agrupación Cultural Guardesa acordou elixir á poetisa guardesa Aida Lomba Márquez para tributarlle unha homenaxe con motivo do Día das Letras Galegas.
Aida Lomba naceu na Guarda, o día 30 de xaneiro de 1948. Desde moi nova sentiuse atraída polo mundo poético, comezando coas lecturas de autores como José María Pemán, Gustavo Adolfo Bécquer, os irmáns Álvarez Quintero, etc.
Estudou co colexio das HH. Carmelitas da Guarda, e no Colexio do Instituto Social da Mariña, da Coruña.
En 2003 publicou o poemario DESPUES DEL LETARGO, e en 2005 ATARDERES DE OTOÑO.
A homenaxe a Aida Lomba Márquez terá lugar este venres día 27 de maio, ás 21:00 h., no Centro Cultural e Social da Guarda.
Sobre Aida Lomba falará a artista Chuny Vázquez Vicente. Na homenaxe á poetisa Aida Lomba tamén participarán a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, e o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez. Como vén sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa editou unha publicación conmemorativa sobre a escritora homenaxeada, que será distribuída entre todas as persoas que asistan ao acto cultural.
Información publicada y facilitada por INFOGAUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario