martes, 29 de marzo de 2011

COLOCACIÓN DE SINALIZACIÓN VERTICAL.

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

SINALIZACIÓN NA RÚA BRASIL - TRANSVERSAL BRASIL e CURRÁS.
Se circulamos pola rúa Brasil, chegando ata o cruce das rúas Transversal Brasil e Rúa Currás, un achica velocidade por precaución.
Sucede o mesmo se entramos polo transversal Brasil, ou pola rúa Curras.
A sinalización nas tres rúas é nula, non existen, dende Esquerda Unida creemos que é necesario, mellor dito urxente colocar como mínimo sinalización vertical.
Esperamos que se faga algo pola seguridade vial (Como di O Meu Pobo páxina 19) tendo en conta que estamos falando dun lugar onde se encontra un colexio privado, (Carmelitas).
Dende Esquerda Unida, SOLICITAMOS:
Que o Presidente e responsable de tráfico, xunto cos especialistas fagan os cambios que estimen axeitados para solucionar esta deficiencia.
A Guarda a 29 de marzo 2011.
Asd.José Antonio González Morais.




No hay comentarios: