lunes, 7 de febrero de 2011

O COLEXIO XAN XEROME EMILIANI INFORMA ...

  LUIS SÁNDEZ E BORJA CADILLA DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME, NA MEIA MARATONA MANUELA MACHADO (VIANA DO CASTELO)

Os atletas Luis Sández, de Tui, e Borja Cadilla, de A Guarda, do Club deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semán na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado na vila portuguesa de Viana do Castelo.
Masiva participación internacional e moi boa organización no evento, no que se combinaba a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana na que participaron máis de 1.000 persoas. 15 deportistas e adestradores do noso Club participaron neste paseo. A organización estivo impecable.
O keniata Evans Taieget, cun tempo de 1:03:21, foi o vencedor da Meia Maratona, seguido do ruso Oleg Kulkov, e o portugués Sergio Silva.
Borja Cadilla, mellorou a sua mellor marca en 3 minutos, facendo un tempo de 1:37:07; e Luis Sández no seu debut na proba fixo un meritorio tempo de 1:45:33.
Borja ocupuo o posto 675 e Luis o posto 1030, dos 1475 atletas que conseguiron rematar a proba (o último cun tempo de 2:33:19).
Noraboa a Luis e Borja, que seguen a sua preparación para o Campionato galego de campo a través. Noraboa tamén os seus adestradores Jose Morais, Roberto Trigo , David Parada, Mario Lomba e Pepi Vázquez, polo seu enorme e solidario traballo.

 
 

As  fotografías corresponden a Luis Antonio, moi cerca de alcanzar a Meta na sua primeira participación nunha Media Maratón; e de costas, un dos seus Adestradores.




No hay comentarios: