sábado, 19 de febrero de 2011

FESTA - CONVIVENCIA DAS FAMILIAS, ALUMNOS, COLABORADORES E PROFESIONAIS DO CENTRO SAN XEROME

FESTA - CONVIVENCIA DAS FAMILIAS, ALUMNOS, COLABORADORES E PROFESIONAIS DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI.

Este próximo domingo dia 20 de febreiro a partir das 6 da tarde e no Auditorio de Goián, terá lugar un encontro lúdico – festivo das familias, alumnos, colaboradores e profesionais do Centro San Xerome, para celebrar o 30 aniversario da creación do Centro.
Neste ”macro – festival” haberá diferentes actuacións artísticas, nas que os únicos protagonistas serán os rapaces e rapazas do San Xerome, amosando as suas capacidades profesionais, artísticas e deportivas. Presentadores, fotógrafos, axudantes de producción, seguridade, … serán os propios usuarios do Centro.
O programa iniciarase as 6 da tarde cunha coreografía de Josué Alvarez, amosando o traballo artístico que está a desenrolar dende fai uns meses cos usuarios do Centro de día (CEDI), seguirá unha obra de teatro do grupo Xeratrium “Saturday night” dirixida por Irene Moreira de Xerpo Cultural, a continuación farase entrega de diplomas os integrantes do Club deportivo, para rematar a primeira parte coa actuación dun grupo de rapaces do Sector pre laboral do San Xerome e do IES A Sangriña coordinados pola profe do IES Susana Salvador. No descanso, no exterior do Auditorio, actuará o grupo de percusión coordinado por Victor Fuggetto, e se degustará chocolate e lambetadas ofrecidas pola ANPA.
Iniciarase a segunda parte coa proxección dun Video clip, dirixido por Víctor Fuggetto e Leo Cividanes, para seguir coas actuacións de Pepe Bargiela e Jona Gómez. Seguirá co momento emotivo, da entrega dun diploma – homenaxe os 10 usuarios do Centro que xa estaban no ano 1981. O 2º grupo de Josué Alvarez fará unha demostración dunha clase aberta, e o grupo Xeratrium porá en escea a obra “Vias paralelas”.
 Rematará o Festival cunha nova actuación co 2º grupo de percusión, dirixido por Víctor Fuggetto, xa no exterior do Auditorio.
A presentación do Festival correrá a cargo de Enma e Braulio das Unidades educativas do Centro, coordinados por Samuel de Xerpo Cultural. O longo da tarde noite, haberá proxeccións de imaxes e pancartas alusivas os 30 anos de historia do Centro.
Para a realización deste Festival, estan a traballar arreo multitude de familiares, profesionais, voluntarios e colaboradores do Centro. Non imos a nomear a ninguén, xa que os únicos protagonistas desta historia son os propios RAPACES E RAPAZAS DO SAN XEROME!
Xosé Carlos González Blanco.

No hay comentarios: