sábado, 5 de febrero de 2011

30 ANIVERSARIO DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI

 1981 – 2011: 30 anos construidos entre tod@s

O próximo martes dia 8 de febreiro, cumpriremos 30 anos de existencia. A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas, dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral , económico e solidario do noso entorno tivo e segue tendo unha gran importancia, suplindo durante anos o abandono e as carencias da Administración. A colaboración cidadá foi clave no noso desenvolvemento.
Queremos celebrar este aniversario, ó longo do 2011, con diferentes actos nos que necesitamos sentir moi cerca ese apoio, o estímulo e impulso das persoas que continúan o noso lado: familias, voluntarios, colaboradores … para renovar as nosas forzas, de cara a acometer os importantes retos que se aveciñan.
O martes día 8 festividade de San Xerome Emiliani, iniciaremos as celebracións , e imos facelo coa colaboración do Concello da Guarda ; a actividade vai consistir na plantación de 30 carballos na zona do Montiño (Monte Trega), simbolizando estes 30 anos de actividade. Cada carballo terá un valor simbólico , un obxectivo, un logro ou unha reivindicación relacionado co ano correspondente.
A actividade, aberta a tódalas persoas que queiran participar, consistirá no seguinte:
- saída do Cole as 10 h. da mañá (rúa Galicia, 23).
- camiñata ata o Montiño.
- plantación dos 30 carballos.
- regreso a pé ata o Cole, aproximadamente ás 12 h.
¡Agardamos a vosa participación!
30 anos, 30 proxectos, obxectivos, logros e reivindicacións
Estes son os grandes titulares, a letra pequena iremo-la debullando ó longo destes 11 meses de celebracións
• 1981: Inauguración - Inicio da historia.
• 1982: Subsistencia grazas ó peto, a esmola, a caridade …
• 1983: Colectivo de Mariñeiros, empresas e socios, sustitúen económicamente a Administración.
• 1984: Primeiras axudas de organismos oficiais.
• 1985: Primeiras actividades de ocio e creación do grupo de baile “Arco da vella”
• 1986: O invernadoiro xa produce prantas e hortalizas.
• 1987: Juan Francisco, Pablo, Miguelito … por fin teñen ascensor no Centro!
• 1988: Primeiro convenio económico coa Consellería de educación.
• 1989: Traslado do Cole a Sangriña, por obras. Outra vez escaleiras !
• 1990: Constitución da ANPA Joaquina de Otero, para apoiar a labor da Xunta Directiva da Asociación San Xerome.
• 1991: Reinvindicación diante do Presidente da Xunta para consegui-la finalización das obras do novo Centro.
• 1992: Primeira furgoneta.
• 1993: Inauguración das obras de remodelación do Centro.
• 1994: Abre as súas portas a Tenda Atalaia.
• 1995: Constitución do Club deportivo.
• 1996: Posta en funcionamento do Programa de respiro familiar “ A Casiña”.
• 1997: Inicio das obras dos Talleres ocupacionais, e novo acceso pola Rúa Ramón Sobrino.
• 1998: Creación do Centro especial de emprego de xardinería.
• 1999: 25 Centros galegos e portugueses na VII Convivencia intercentros no Cámping Santa Tecla.
• 2000: Cesión da Quinta das Mercedes na Gándara por parte do Obispado.
• 2001: Presentación do documental “Eu son así”.
• 2002: Fase de reflexión “O novo San Xerome”. Cambios no Organigrama.
• 2003: Xerock. A loita contra a exclusión a golpes de rock and roll.
• 2004: Declarados entidade de utilidade pública.
• 2005: Intensificación das actividades de ocio e integración co IES A Sangriña.
• 2006: 25 aniversario (Homenaxe ós fundadores da Asociación e Festival IntegrAcción. “Música e solidariedade”).
• 2007: I Mostra da Camelia e I Poxa benéfica de arte.
• 2008: En Europa co Proxecto Comenius, e nos escenarios co grupo de teatro Xeratrium.
• 2009: Presentación do documental “Cantos rodados”.
• 2010: Programa de ocio e vivenda con apoio. Presentación do documental “O sexo
sentido”.
• 2011: O futuro: Plan estratéxico e calidade.


A Guarda, 4 de febreiro de 2011
Xosé Carlos González Blanco.





Fotografías  correspondentes a os inicios do Centro

No hay comentarios: