lunes, 10 de enero de 2011

" CARBÓN MOI BEN MERECIDO "

CARBÓN PARA Á MAIORÍA
Infogauda / A Guarda

Como era de prever, os persoeiros do chamado grupo de goberno do concello de A Guarda remataron o 2010 sen haber feito os deberes. Por ese motivo non é estrano que escomenzaran o 2011 con varias asignaturas pendentes, como por exemplo:
1ª.- Non haber dado contas dos resultados económicos das Festas do Monte Santa Trega de tódolos anos precedentes.
2ª.- Non haber aprobado a tempo, mália a dispor de maioría absoluta, o Orzamento Municipal para 2011.
3ª.- Non haber dado resposta ás peticións veciñais en materia de seguranza vial en varias rúas do termo municipal de A Guarda, onde se teñen rexistrado varios accidentes mortais.
4ª.- Non haber resolto a Saída Sur do porto de A Guarda.
5ª.- Non haber posto en valor a fortaleza de Santa Cruz.
6ª.- Non haber dado resposta a demanda de un Auditorio Municipal que supla á desaparición do teatro-cine Avenida.
7ª.- Non haber demostrado mellor talante democrático que os grupos de goberno precedentes, o non celebrar plenos ordinarios cada mes, como antes era habitual.
8ª.- Non manter en funcionamento a Radio Municipal.
9ª.- Non aportar solucións o notorio problema da falla de aparcadoiros existente na vila de A Guarda.
10ª.- Non haber posto en funcionamento a tempo, o albergue de peregrinos. Somentes estiveron á procura de facerse a foto, a finais de decembro de 2010, mesmo sen retirar o lixo á porta de acceso do albergue, nin repor algúns vidros esnaquizados a seu carón.
11ª.- Non lograr que o Centro de Saúde de A Guarda, dispoña do equipamento necesario para poder facer radiografías, sen ter que desprazarse ata Tui.
12ª.- Non ter respecto os contribuintes, por sair un persoeiro, de xeito reiterado, como é de público coñecimento para á cidadania guardesa, a beber e disfroitar do seu tempo de lecer, en vehículo municipal.
13ª.- Non ter resolto a día de hoxe, a demanda de chán industrial para pequenas e medianas empresas.
14ª.- Non saber orgaizar unha cabalgata de reises como ben merecían os nenos e maiores de A Guarda, que fose atractiva para todos, e dese vida o comercio local.
15ª.- Non dar resposta convincente ás reivindicacións dos veciños que lexítimamente opóñense á implantación da discoteca na rúa Manuel Alvarez.
16ª.- Non asumi-la incapacidade para resolve-la problemática das vivendas afectadas por ordes de paralización, e continuar co mesmo discurso de sempre que non convence a ninguén.
17ª.- Non ter peso político para conquerir darlle unha solución estable no tempo a problemática da canle de navegación do transbordador Caminha – A Guarda, e viceversa.
E así poderíamos continuar con varios exemplos máis. De tódolos xeitos, consideramos que non é preciso enumera-los todos. Xa chega dabondo.
Por todo iso, carbón para esa maioría, chamada grupo municipal de goberno do concello de A Guarda.






No hay comentarios: